Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A concellaría de Cultura convoca o I concurso de pintura infantil e xuvenil "Pintares"
14 Maio 2012 11:09
A iniciativa vai dirixida a rapaces e rapazas de ata 17 anos de idade

O Concello de Ares, a través da área de Cultura, organiza a primeira edición do Concurso de Pintura Infantil “Pintares”, unha iniciativa dirixida a rapaces e rapazas nacidos e residentes en Galicia que teñan ata 17 anos.

Precisamente esta semana comeza o prazo de presentación de obras, cen concreto o día 18 de maio, que se prolongará ata o 1 de xuño. Así, os interesados en participar poderán deixar os seus cadros no edificio da Alianza Aresana no seu horario habitual de apertura, que é de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.30 horas, de luns a venres.

Tal e como consta nas bases, os cadros poderán estar enmarcados e, como mínimo, deberán estar protexidos cun listón e acondicionados para a súa exposición. Precisamente as obras que resulten seleccionados por parte dun xurado cualificado (tres persoas vencelladas ao mundo da cultura) pasarán á fase de concurso e formarán parte dunha mostra, que será inaugurada o 8 de xuño ás oito da tarde na Casa da Xuventude. Esta exposición, aberta ao público de luns a xoves, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00, e dos venres de 09.00 a 14.30 horas, se poderá visitar ata o 22 de xuño.

En canto aos premios, ademais dos diplomas que se entregarán a cada rapaz/a que pase á fase de concurso, estableceranse dúas categorías. A primeira, a de 0 a 12 anos, consistente en material de pintura por importe de 200 euros, no caso do primeiro premio, e de material por valor de 150 para o mellor pintor local, e a segunda categoría, para rapaces e rapazas de 13 a 17 anos, que contempla un vale por material de pintura por valor de 250 euros, e dun vale por 200 euros no mesmo concepto para o mellor pintor local.

O concelleiro de Cultura animou a todos os nenos e nenas a participar nesta novedosa iniciativa, que pretende impulsar esta arte, moi valorada na zona, entre os máis pequenos non solo do municipio, senón tamén de toda a comarca e, en xeral, da comunidade.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares