Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Concello, Xunta e Diputación asinan o convenio polo que se levará a cabo a ampliación do Conde de Fenosa
02 Maio 2012 09:39
Iglesias lembrou todo o traballo desenvolvido nestes últimos anos para acadar este compromiso da Xunta, e destacou especialmente o apoio atopado sempre na Asociación de Nais e Pais nesta reivindicación

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, desprazouse esta mañá a Santiago co obxectivo de asinar o convenio de colaboración entre Concello, Consellería de Educación e Deputación Provincial que permitirá a ampliación do CPI Conde de Fenosa. Neste acto estiveron presentes, ademais do rexedor socialista, o conselleiro deste departamento, Jesús Vázquez, e o titular da Deputación coruñesa, Diego Calvo.
Como se lembrará, este convenio resposta a unha demanda moi concreta plantexada o pasado mes de maio por parte de Iglesias ao conselleiro no marco dunha visita realizada polo rexedor a Vázquez con motivo dun acto que éste estaba a celebrar no veciño municipio de Cabanas. Nesta reunión “provocada” polo alcalde aresán acordárase realizar un convenio de colaboración para establecer os diferentes compromisos de cada unha das administracións implicadas e, así, levar a cabo a ampliación do centro escolar, unha demanda do conxunto da comunidade escolar dende hai moitos anos. Agora, casi un ano despois deste acordo acadado co conselleiro, a ampliación do CPI Conde de Fenosa convertirase nunha realidade, coa construcción dun novo aulario no lugar no que na actualidade se atopa a pista cuberta que integrará un total de 6 aulas de educación infantil, 1 aula de psicomotricidade, 6 aseos de alumnos, 1 aseo de profesores e 1 sala de profesores. Tanto da execución dos traballos do novo aulario como da redacción e aprobación do proxecto básico constructivo e a demolición da pista cuberta encargarase, segundo consta no convenio de colaboración asinado esta mañá, a Consellería de Educación, quedando en mans do Concello a realización da tramitación urbanística e administrativa pertinente –como no relativo ao planeamento e a posta a disposición dos terreos necesarios- e o traslado á parcela anexa ao centro escolar da pista deportiva que se demolirá para poder levar a cabo a construcción do aulario.
A este respecto, hai que subliñar que o Concello xa ten feitos parte dos deberes que lle corresponden, posto que, como se informou no seu día, o goberno local promoveu, aprobou en pleno e ten ratificada por parte da Xunta, a modificación puntual das normas subsidiarias que permitirán a construcción na parcela anexa ao colexio da súa ampliación.
Pola súa banda, a Deputación comprométese, segundo consta no convenio, a prestar e realizar todas as accións resultantes dos acordos de colaboración acadados co Concello de Ares, coas aportacións financeiras para ditas accións mediante a sinatura dun convenio ou a través da concesión dunha subvención, para a ampliación do CPI Conde de Fenosa.

VALORACIÓN DE JULIO IGLESIAS

O alcalde de Ares destacou a importancia deste convenio, que pon fin a unha longa etapa de reivindicacións constantes e, a este respecto, o rexedor socialista quixo agradecer especialmente o esforzo, traballo e apoio atopado en todo momento pola Asociación de Nais e Pais do centro escolar (ANPA) á hora de reclamar a ampliación dunha escola pública que hai anos que quedou moi escasa para unha poboación, como a de Ares, que non para de crecer.
Nestes últimos anos, o goberno aresán socialista veu traballando en diferentes eidos para acadar da Consellería de Educación o compromiso de execución do novo aulario. Primeiro, acadando do anterior goberno bipartito autonómico dito compromiso, selado na consignación orzamentaria de 100.000 euros para a redacción do proxecto e, despois, coa chegada do PP á Xunta e a marcha atrás de dito proxecto –non gastou dita partida e se opuxo á opción acordada polo Concello e a Consellería de Educación socialistas-, reclamando permanentemente a ampliación do CPI.
Coa colaboración coa punta de lanza e o beneficio de nenos e nenas de colexio como máxima, o equipo liderado por Iglesias sempre estivo aberto ao diálogo e á aceptación de calquera proposta que facilitara a construcción do novo aulario, polo que con este Goberno tamén fixo os deberes en tempo e forma para acabar solicitando e asinando o convenio que hoxe convírtese nunha realidade.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares