Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Pleno aproba o regulamento de uso das pistas de pádel da cidade deportiva de Pedrós
02 Maio 2012 09:35
Na sesión plenaria celebrada no día de hoxe aprobouse o regulamento de uso das pistas de pádel da Cidade Deportiva de Pedrós, así como a ordenanza fiscal para o alugueiro das instacións e a impartición de clases nas mesmas.
Deste xeito, tras a aprobación de hoxe, cumpriuse cun dos trámites necesarios para a súa posta en funcionamento, que terá lugar coa inauguración oficial das pistas a principios do mes de xuño.
Ata entón, durante os catro sábados do mes de maio, todas as persoas que o desexen poderán facer uso das dúas pistas de pádel ubicadas na cidade deportiva de Pedrós, grazas ás xornadas de portas abertas que promoveu o goberno local para dar a coñecer estas instalacións antes de que sexan inauguradas oficialmente e, en consecuencia, se lles apliquen as taxas de uso que se aprobaron hoxe. Cabe dicir que a instalación comezará a funcionar en réxime de alugueiros a partir da primeira semana de xuño, unha vez pase o período de exposición pública da correspondente ordenanza municipal que regula o uso e a taxa polo servizo deportivo en cuestión.

Segundo explicaron dende a área de Deportes, que dirixe o socialista José Juan Vilar, as pistas estarán abertas en xornada de mañás ( de 10,30 a 13,30) e de tardes ( de 16,30 a 19,30), quedando unha delas para o uso libre, mentres que a outra será na que se impartan as clases.
Para elo, haberá un monitor que orientará e explicará as normas de este deporte así como as técnicas básicas a todos aqueles/as que queiran aprender a xogar, e por outro lado, regulará a zona de xogo libre, informando de cal será o modelo e funcionamento da zona deportiva, así como dos horarios de alugueres, prezos e actividades programadas.
Para inscribirse nas xornadas de portas abertas é preciso pasar polas oficinas dos servizos deportivos municipais situados no Pavillón deportivo municipal de Ares, de luns a domingos polas mañás de 10 a 13 horas e polas tardes de 16,30 a 22,30 horas
( agás os domingos).
Noutra orde cousas, o Concello de Ares tamén informa de que está aberto o prazo de inscripción para os Campamentos deportivos da Deputación da Coruña, que celebraranse na capital herculina entre o 1 e 0 7 de xullo, con un extenso programa deportivo que inclúe golf, vela, tenis, volei praia, e vistas culturais , e que está dirixido para nenos e nenas de entre os 9 e os 13 anos de idade. Para máis información e inscripción pasar polas dependencias da OMIX situada na Alianza Aresana, de luns a venres en horario de mañá e de tarde.

ARES, 26 DE ABRIL DE 2012
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares