Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 27 de Xaneiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesXaneiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Redes conta cun novo "parque para tod@s", con instalacións para os máis pequenos e maiores
30 Marzo 2012 16:55
A parroquia de Caamouco era a única do municipio que non contaba con parque infantil e biosaúdable, peroisto xa é historia pasada, posto que o equipo de goberno acometeu unha actuación en Redes –nomeadamente xunto ao aparcadoiro público da vila-, pola que se dotou a esta zona de Ares do denominado “parque para tod@s”, con zona de esparcimento para os máis pequenos –con tres elementos de xogo, entre os que se atopa unha tirolina- e outra biosaúdable –tamén con tres elementos- dirixido ás familias, así como cunhas mesas e bancos de madeira.
En total, o investimento foi de 50.207,57 euros, dos que 18.299,99 foron aportados pola Deputación Provincial e 17.445 euros por Costa Noroeste.
O parque foi inaugurado oficialmente esta mañá, nun acto presidido polo alcalde de Ares, e ao que asistiron, ademais de integrantes da corporación municipal, veciños e veciñas da vila, que quixeron coa súa presenza rendir homenaxe a María Luisa Vicente Lorenzo, persoa á que se lle dedicou este espazo. María Luisa Vicente Lorenzo, que fora mestra de Redes nuns tempos difíciles, sobre todo para o ensino, como foron as primeiras décadas do franquismo, foi recordada neste acto por Maru Alvariño Ríos, unha das súas alumnas.
Para Maru, nada mellor para ela que lembrala cun parque infantil, porque os nenos eran o dela –daba clases a nenas, pero tamén ofrecía clases particulares, de balde para aquelas persoas sen recursos, a rapaces-. “Dedicó toda su vida a la enseñanza y podemos decir que murió con las botas puestas, como ella quería”, asegurou esta veciña de Redes, que destacou a súa inmensa dedicación e métodos de ensino.
“Nos dio un nivel cultural impensable para la época y para una escuela pública, con asignaturas de todo tipo, hasta francés”, dixo Maru Alvariño.
O alcalde de Ares sinalou que a decisión de poñer o nome de María Luisa Vicente Lorenzo ao novo parque respostou a unha proposta formulada por parte de veciños e veciñas de Redes e, neste aspecto, manifestou que se trata de seguir dando o nome a espazos públicos de “homes e mulleres que foron bos e xenerosos coa nosa xente, cos nosos veciños e veciñas”. Así mesmo, Iglesias destacou que o novo espazo está pensado e deseñado para o disfrute de persoas de todas as idades, ao tempo que engadiu que o lugar escollido é o máis axeitado, posto que no caso de que o aparcadoiro sexa ampliado nun futuro, habilitaríase un acceso ao mesmo, quedando ditos parques perfectamente vallados e delimitados.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares