Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 05 de Abril de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares conta dende hoxe cun novo vehículo contraincendios para o uso de Protección Civil
27 Setembro 2007 09:51
O municipio de Ares conta dende hoxe cun novo vehículo contraincendios e de salvamento, de primeira intervención ou bomba urbana lixeira para o uso de Protección Civil. A entrega do camión correu a cargo da directora xeral de Protección Civil, Esther González, que acudiu á vila para entregar as chaves do vehículo ao alcalde, Julio Iglesias. No acto, que se desenvolveu na explanada do paseo marítimo, fronte á Casa Consistorial, participaron os responsables locais, da empresa adxudicataria, Veicar, e os integrantes de Protección Civil.
Esther González destacou na súa intervención ante os medios de comunicación o “importante esforzo” realizado polo departamento que dirixe para dotar deste tipo de vehículos ás poboacións galegas de menos de 20.000 habitantes. A directora xeral informou de que se dotou a 142 concellos da comunidade doutros tantos vehículos, que segundo o carácter e as necesidades de cada un, presentan diferentes características. En total, a Dirección Xeral de Protección Civil destinou a este capítulo unha partida de 10 millóns de euros.
No caso do camión de Ares, o desembolso foi de 120.000 euros, do que o 75% correu a cargo deste departamento dependente da Consellería de Presidencia.
González destacou as características do vehículo, do que subliñou que non só serve para sofocar incendios, senón que tamén conta con equipamento para Protección Civil, polo que dispón das ferramentas necesarias para rescates e outro tipo de accidentes.
Pola súa banda, o rexedor agradeceu á directora xeral a celeridade na que atendeu a petición formulada polo Concello de Ares, xa que, dixo, “por desgracia, os riscos están aí e nunca se sabe cando pode acontecer algo”. Iglesias mostrou a intención do grupo de goberno de incrementar o equipamento en materia de seguridade, como ocorre co novo vehículo, e anunciou que o Concello contará próximamente cun Plan de Emerxencia Municipal (PEMU) homologado pola Dirección Xeral de Protección Civil.

CARACTERÍSTICAS DO VEHÍCULO

Trátase dun vehículo modelo Sprinter cunha capacidade de seis prazas en cabina –un dos aspectos valorados na selección- e con capacidade para 1.500 litros de auga. Ademais, conta con dúas bombas, tal e como esixe a Consellería de Presidencia –unha de alta presión para limpeza de viais e outra de baixa para achique-, e, como mellora aportada pola propia empresa adxudicataria, inclúe unha terceira bomba para facer fronte aos incendios forestais.
Tamén leva un mastro de iluminación con focos de 500W para a realización de traballos nocturnos, entre outras características.
Este vehículo é o primeiro do que dispón o Concello con estas características, que ata o momento contaba unicamente cun todoterreo e un remolque con 1.000 litros de auga e unha motobomba.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares