Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O punto de recarga de vehículos eléctricos de Ares sitúase na nave municipal, na avenida Federico García Expósito, e poderá utilizarse de oito a dúas da tarde
24 Febreiro 2012 12:35
O municipio de Ares é un dos incluidos no proxecto promovido pola Mancomunidade para a posta do servizo de recarga de vehículos eléctricos nos concellos da comarca, cofinanciado polo Inega dentro da convocatoria de subvencións e proxectos de aforro e eficiencia enerxética 2010-2011. A instalación, que se completou o pasado mes de novembro, permitirá que os coches que se desplazan mediante enerxía eléctrica poidan recargarse nas instalacións realizadas nestes concellos, ata dezasete en total repartidas por once municipios.
No caso de Ares, o Concello habilitou o punto de recarga na nave municipal, ubicada na avenida Federico García Expósito, mantendo un horario de mañá que irá, polo menos nestes primeiros meses de posta en funcionamento do servizo, de oito a dúas. Deste xeito, os interesados deberán acceder a este espazo coa tarxeta identificativa que esixe a Mancomunidade de Municipios ao lugar no que poderán recargar o seu vehículo –situado no interior da propia nave-. Tal e como informou a institución supramunicipal, o servizo comeza de xeito provisional de balde, aínda que a propia Mancomunidade manterá pleno control sobre a súa utilización e non descarta implantar alguna tarifa no futuro.
A este respecto, hai que indicar que, segundo as condicións de uso do servizo aprobadas, o acceso ao mesmo terá que ser solicitado previamente por escrito e de maneira presencial na oficina da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ferrol, entregando para tal fin a documentación requirida no formulario de inscripción. Unicamente deberá realizarse unha solicitude por cada vehículo eléctrico asociado ao servizo, reservado a persoas maiores de idade e con permiso de conducir válido para o vehículo asociado á alta.
No caso de querer darse de baixa, o interesado terá que tramitala na mesma oficina na que fixo a alta, presentado a documentación por escrito a asinada a tal efecto.
En canto ás obrigas de persoa solicitante, ésta terá que seguir as instruccións para a recarga indicadas no “Manual de uso” que será entregado no momento no que se formalice a inscripción, quedando prohibida a manipulación e/ou desmontaxe parcial ou total de calquera punto de recarga. Así mesmo, é responsabilidade do usuario a conexión á instalación a través de cables homologados e en perfectas condicións técnicas. A Mancomunidade, pola súa banda, non se fará responsable dos danos derivados da utilización inapropiada dos puntos de recarga, e tampouco dos ocasionados por terceiros durante a recarga.
Na actualidade, existe unha demanda potencial do servizo moi limitada, posto que no ano 2011 unicamente se matricularon cinco vehículos eléctricos na provincia da Coruña, pero esta nova iniciativa, sen dúbida, axudará a mellorar a oferta de carga existente.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares