Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 05 de Abril de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O reloxo do campanario da igrexa de San Xosé volverá a soar despois de moitos anos
28 Setembro 2007 09:47
Os veciños de Ares volverán a oír soar cada hora a campá do reloxo do campanario da igrexa de San Xosé, despois de moitos anos sen poder facelo por un problema na súa maquinaria. Foi agora, co novo equipo de goberno, cando a avaría quedou arranxada, grazas a actuación promovida pola Concellaría de Obras, que dirixe José Ferreiro. O primeiro son será mañá ás 12.00 horas e acudirán á torre, que aínda que está adosada á igrexa é de propiedade municipal, o alcalde, Julio Iglesias, e o resto de concelleiros que forman parte do grupo de goberno.
O rexedor fai un chamamento aos veciños para que participen deste acto, xa que, como lembrou, foron os seus antepasados os que en 1722, coas súas autoridades ao fronte, decidiron facer unha torre cun reloxo no templo do tamaño e co mesmo artiluxio que o de Pontedeume.
Un ano máis tarde –en setembro de 1723-, o mestre armeiro Juan do Sisto trouxo á vila o reloxo que se lle encargara e uns días máis tarde, os veciños e as autoridades locais convocaron unha nova reunión para acordar a construcción da torre. Co reloxo e a torre feitos, tan só faltaba a campá, o que foi obxecto dun novo encontro, neste caso o 10 de outubro de 1723, para decidir a súa construcción e contratar ao maestro encargado de facela, Francisco de Palacios (mestre fundidor). Así as cousas, en dous anos estaban concluidos todos os traballos, que tamén conlevaron unha serie de partidas menores en materiais de carpintaría, como andamiaxes e a escaleira interior de madeira.
Dende aquela, houbo dous importantes cambios. Deste xeito, a primitiva maquinaria do reloxo foi substituida en 1908 pola actual, doada polos irmáns Agustín, Darío e Valentín Bugallo, o que consta nunha placa colocada na torre en sinal de gratitude do pobo de Ares.
Tampouco a campá actual é a primitiva. Tal e como se poder ver na inscripción que figura nela (“Me hizo año 1827 María y José para Santa Catalina de Monte Faro Joaquín del Cagigal”), a campá procede do mosteiro de Santa Catalina, que sufriu de cheo a desamortización de Mendizábal de 1836.
Polo tanto, os veciños de Ares, que viñan escoitando o son das campás dende finais do século XVIII e que levaban varios anos sen poder facelo por unha avaría sen solventar, volverán a ter neste reloxo do Concello un bo informador das horas do día.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares