Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Setembro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno do Concello respalda de forma unánime a construcción inmediata do centro de saúde de Ares
10 Febreiro 2012 10:52
O pleno da corporación aprobou por unanimidade, no marco dunha sesión extraordinaria celebrada esta mañá, unha moción presentada polo grupo socialista na que se esixe á Xunta a inmediata construcción do novo centro de saúde de Ares. Na moción, que foi defendida polo alcalde, Julio Iglesias, e contou co respaldo de todos os grupos políticos, subliñábase a necesidade de que o municipio dispoña dun centro de saúde que cumpra coas demandas e necesidades sanitarias da cidadanía.
Segundo destacou o grupo socialista, a moción, na que se apoia a iniciativa lexislativa popular promovida pola entidade SOS Sanidade Pública –que onte, a través da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, foi presentada en Ferrol- ten unha especial incidencia en Ares, que conta cun centro de saúde “totalmente insuficiente”, tanto no que se refire aos servizos que presta como ao número de facultativos e profesionais en xeral de que dispón. Iglesias, como xa subliñou en diferentes ocasións ao longo dos últimos anos, destacou que o municipio de Ares está a incrementar un notable crecemento na súa poboación, polo que a necesidade, que recolle o propio Plan Funcional da Área Sanitaria, é aínda máis urxente se cabe.
Pero, como dixo o rexedor socialista, fronte aos compromisos e feitos acadados durante o Bipartito (cun proxecto aprobado e a tramitación realizada por parte do Concello, xa dende o verán de 2007), o actual Goberno do PP na Xunta está a “desmantelar o sistema sanitario, ademais de mentir descaradamente sobre a execución do novo centro de saúde”. E é que non só os “populares” botaron por terra todo o acadado ata 2009, coa redacción dun novo proxecto que lles levou nada máis e nada menos que dous anos, senón que despois de anunciar en público e en privado que as obras estarían licitadas en 2010 e rematadas en 2011, o único certo é que non hai nada feito e, o que é peor, os orzamentos autonómicos (nin os do ano pasado nin os deste) contemplan partida ningunha para esta actuación.
Iglesias criticou tamén ao ex xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Luis Verde, que acaba de marchar do seu posto, como dixo, sen dar resposta á ampliación do centro de saúde local. En tres anos, asegurou o alcalde, Verde non foi quen de resolver aos aresáns e aresás esta demanda unánime, que xa tiña unha solución concreta e definida sobre papel antes das eleccións autonómicas de 2009. En contraposición, Iglesias confía en que a nova Xerencia, en mans de Ángel Facio, mude este xeito de facer –máis ben de non facer- as cousas e traballe na boa dirección. De feito, o alcalde anunciou que Facio xa lle respostou á solicitude de reunión, que foi fixada para o vindeiro venres (17); encontro que o rexedor socialista xa lle agradeceu de antemán.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares