Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 29 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O grupo de goberno leva a un pleno extraordinario unha moción de defensa da sanidade pública e de demanda da ampliación urxente e inmediata do centro de saúde
08 Febreiro 2012 15:32
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, participou esta mañá nunha rolda de prensa concovada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública celebrada en Sargadelos. O rexedor presentou unha moción que levará o grupo socialista a un pleno extraordinario, que terá lugar mañá xoves, apoiando a iniciativa lexislativa popular en defensa e promoción da sanidade pública en Galicia e respaldando a concentración que terá lugar este sábado, día 11, ás once da mañá fronte ao actual centro de saúde esixindo a inmediata e urxente ampliación das instalacións sanitarias.
Iglesias lembrou o proceso de ampliación dun centro de saúde que cualificou como “totalmente insuficiente” –así o reflexa incluso o Plan Funcional da Área Sanitaria, que consideraba esta actuación como de máxima prioridade-, e subliñou o compromiso da ata hai pouco conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, de licitar as obras no ano 2010 para executalas ao longo de 2011. A este respecto, o alcalde socialista destacou que, a día de hoxe, e máis dun ano despois do último escrito recibido no Concello anunciando para “datas próximas” a contratación da intervención, nin se levou a efecto o primeiro nin o segundo; e, o que é aínda máis grave, os orzamentos para este ano tampouco contemplan un euro para dita actuación.
Para Iglesias, o actual Goberno da Xunta está “desmantelando” a sanidade pública e tomándolle o pelo á cidadanía, con promesas que non cumple en cuestións da importancia da sanidade. O alcalde fixo fincapé no traballo realizado durante o seu primeiro mandato co Goberno Bipartito, cando se acadara un acordo de ampliación do centro de saúde, que incluir a posta a disposición en setembro de 2007 –por parte da administración local ao Sergas- dos terreos adxacentes ao inmoble, a aprobación dun proxecto pola Consellería e a consignación orzamentaria dunha partida de 60.000 euros para a adecuación, por parte da Xunta, do antigo consistorio para acoller o centro provisional durante a execución dos traballos, e o contrapuxo ao feito polo PP dende as eleccións de 2009. “O Partido Popular rachou con todo o feito e iniciou un novo proceso”, dixo o rexedor, que engadiu que “deixou sen efecto a partida orzamentaria, redactou un novo proxecto porque o anterior, polo visto, non lle valía, e incluso modificou a xestión deste e outros centros de saúde, obrigando ao Concello a levar a cabo novos e engorrosos trámites”.
Pero o Concello, consciente da importancia de ampliar as instalacións sanitarias, aceptou todas e cada unha das novas obrigas impostas por Santiago e, de novo, fixo os deberes en tempo e forma. E así o recoñeceu en diferentes ocasións a Consellería de Sanidade, que a pesares dos seus compromisos a nivel interno e feitos públicos en comparencias públicas –totalmente electoralistas e falsas, como se edemostrou-, ten todo o proceso paralizado.
O mesmo caso de Ares está a suceder en A Capela, que dende outubro de 2010 agarda, como neste municipio, que a Consellería de Sanidade decida licitar as obras de construcción do novo centro de saúde, tamén de máxima necesidade no concello que dirixe o socialista Manuel Meizoso e que Sanidade anunciou a bombo e platillo na campaña electoral das pasadas eleccións municipais.
A concentración deste sábado é o comezo dunha nova campaña de reivindicacións da cidadanía pola inmediata e urxente licitación e construcción do centro de saúde local, tal e como anunciou o alcalde de Ares esta mañá.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares