Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Domingo de Entroido e o Mércores de Cinza, días grandes do programa festivo do Concello de Ares
07 Febreiro 2012 15:01
O concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández Lago, presentou esta mañá o programa de actividades que organiza o Concello para festexar o Entroido, unhas festas que en Ares teñen unha especial incidencia. De feito, o Mércores de Cinza, que se celebra o 22 deste mes, é festivo local dende hai anos.
Precisamente nesa xornada e na do domingo anterior, o 19, terán lugar os actos principais, que comezarán a vindeira semana co xa anunciado obradoiro de confección de máscaras, previsto na Biblioteca municipal nas tardes do martes 14 e o xoves 16 para nenos e nenas de 5 a 12 anos.
Segundo explicou o edil socialista, as actividades do domingo comezarán ás cinco da tarde coa saída do desfile de comparsas “As carapuchiñas” e “Parchís”, acompañadas pola Banda de Gaitas Ría de Ares e polo Grupo de Gaitas Aresán, da Porta do Sol. A comitiva festiva percorrerá as principais rúas da vila, para rematar no Casino Aresano, donde as comparsas actuarán ante o público asistente –aló pola seis da tarde-. A xornada rematará sobre as sete, cun pasarrúas coas comparsas e as persoas disfrazadas que queiran sumarse.
En canto ao mércores 22, a festa tamén comezará ás cinco co mesmo percorrido dun desfile, que nesta ocasión estará formado polas carrozas e os entroidos, cos que colabora, un ano máis, a Asociación Cultural O Tilo, e as dúas bandas de gaitas locais.
Ás 17.30 horas, os entroidos concentraranse na praza da Igrexa, na que haberá música ambiental. A partires das seis da tarde repartirase chocolate e orellas entre os asistentes –un euro por ración-, estando previsto o fin de festa para as 19.30 coa queima de todos os entroidos na praia da vila.
Fernández Lago informou así mesmo de que, en caso de choiva, as festas trasladaranse ao patio cobuerto do CPI Conde de Fenosa. Tamén lembrou que dende o pasado luns 6 está aberto o prazo de presentación de fotografías no concurso que organizan conxuntamente a súa área –pola oficina de Información Xuvenil- e Servizos Sociais –a través da Casa da Xuventude- e que leva o nome de “AREStora Entroido”. Neste certame poderán participar os mozos e mozas de 12 a 35 anos, que dispoñen dun prazo de presentación de imaxes (un máximo de tres en cor ou en branco e negro) ata o 2 de marzo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares