Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 05 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesXaneiro
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Afombras florais nas nosas casa

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A edila de Servizos Sociais visitou o centro de día de Caamouco na primeira xornada de portas abertas
01 Febreiro 2012 14:58
A concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro, visitou esta mañá o centro de día de Caamouco, que hoxe iniciaba unas xornadas de portas abertas para todas as familias que desexen coñecer estas instalacións. O centro de día, pendente da súa apertura por parte do Consorcio, está xestionado pola empresa Fesán, que na actualidade está a seleccionar ao persoal que se encargará de atender este importante servizo para Ares.
Son precisamente representantes desta empresa os que se encargan de informar sobre o funcionamento e outros datos de interese ás persoas que acudan ao centro, que manterá estas xornadas de portas abertas, en horario de doce do mediodía ás cinco da tarde, ata o día da súa apertura. Como se lembrará, nun principio saen 21 das 40 prazas existentes, aínda que a edila insistiu na necesidade de que a Xunta faga un esforzo no investimento para podelas ir incrementando e, así, dar servizo a máis persoas deste municipio e doutros próximos a Ares.
Ademais, hai que subliñar que nunha reunión celebrada o pasado mes de outubro con responsables do Consorcio, a concelleira de Servizos Sociais e as técnicas desta área municipal foron informadas de diversos aspectos importantes acerca do funcionamento do centro de día. Así, para acceder a estas prazas haberá tres vías, dúas deles prioritarias, como son os traslados (as persoas que están noutros centros con PIA) ou as que están concedidas pola Lei da Dependencia. No caso de que sobrasen prazas poderían concederse pola vía de libre concurrencia, realizando unha baremación e outorgando as prazas sobrantes en función de dita baremación.
O horario do centro de día será de oito da mañá a oito da tarde e inclúe, se así o demandan os usuarios, servizo de almorzo, xantar e merenda, así como de transporte.
Ademais, os prezos por este servizo oscilarán entre os cero euros para persoas con ingresos mensuais de 0,0 a 532,51 -92,01 se é con todos os servizos anteriormente citados incluidos- ata os 91,53 euros para persoas con ingresos ao mes de máis de 1.065,02 euros –neste último caso, a tarifa chegaría aos 428,57 se incluimos as tres comidas e o transporte-.
Por outra banda, non hai que esquecer que a construcción deste inmoble remóntase ao inicio do primeiro mandato do socialista Julio Iglesias no Concello de Ares, aló polo verán de 2007. Foi entón cando o goberno local solicitou ao Consorcio –entón en mans do Bipartito- a construcción dun centro de día, ofrecendo unha parcela de máis de 5.000 metros cadrados en Caamouco. A petición foi atendida e meses máis tarde comezaba o proceso de licitación e construcción do inmoble, orzamentado nuns 780.000 euros.
O certo é que o centro de día, que ten unha superficie útil de 749,80 metros cadrados repartidos nunha edificación aillada dunha pranta, debería levar en funcionamento máis dun ano, pero nestes dous últimos anos os retrasos por parte do Executivo autonómico foron máis que notables.
Agora, semella que este longo camiño está chegando ao seu fin e, neste eido, a concelleira socialista anima ás familias con persoas dependentes ou da terceira idade con necesidades específicas ao seu cargo a coñecer as novas instalacións, que ofrecerán un servizo fundamental a este concello.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares