Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 01 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio ratifica a aprobación de catro normas subsidiarias de urbanismo relativas ao municipio de Ares
31 Xaneiro 2012 10:41
A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia vén de remitir ao Concello a aprobación definitiva de catro normas subsidiarias, polo que xa son cinco as que recibiron a ratificación deste organismo da Administración Autonómica competente nesta materia. As normas aprobadas agora entrarán en vigor unha vez que sexan publicadas nos boletíns oficiais, nomeadamente no BOP (trámite que realizará o Concello) e o DOG (correspóndelle á Xunta).
A primeira adecúa as normas urbanísticas á actuación integral na fachada marítima de Redes executada pola Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.
No que se refire á segunda norma aprobada pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta, vén substituir a rede viaria recollida nas normas subsidiarias de 1978 na zona da avenida do Mazote e o seu contorno pola que existe físicamente na actualidade, de xeito que elimina uns viais, incorpora outros correspondentes ao Plan Xeral anulado e axusta alineacións.
A terceira norma tiña como principal obxectivo permitir a construcción da Cidade Deportiva de Pedrós. Así, esta modificación xa aprobada prevé un plan especial de infraestruturas e dotacións en Pedrós –solo clasificado como rústico de protección ordinaria-, con delimitación do seu ámbito e outras determinacións para a execución dun parque deportivo municipal.
Finalmente, a última das modificacións puntuais ratificadas refírese á adecuación necesaria para que a Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente poida executar o proxecto de recuperación do borde litoral da praia de Chanteiro, unha actuación que, como se lembrará, deixou comprometida o Goberno central socialista para executar en dúas fases.
A estas normas, súmase outra que fora ratificada pola Xunta anteriormente e que, de feito, xa está en vigor. Trátase da modificación necesaria para poder ampliar o CPI Conde de Fenosa, posto que a través deste cambio cualificábanse como dotacionais os terreos contiguos ao colexio existente no solo urbán e no resto como vial de des metros de largo, substituindo a un camino existente no lateral do colexio.
Quedan agora pendentes a aprobación definitiva da norma que delimita o casco antigo de Redes, que precisa dun informe de Patrimonio da inclusión de alineacións e rasantes na planimetría municipal, e a ratificación da modificación pola que o Concello reordena o viario previsto nos plans de ordenación das normas subsidiarias na zona oeste do núcleo de Redes. Neste caso, a administración municipal deberá contar cun informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo. Unha vez solventados estes trámites, ambas normas tamén contarán co visto bo definitivo da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares