Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 29 de Marzo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMarzo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Servizos Sociais anima ás familias a coñecer o centro de día de Caamouco, que iniciará unhas xornadas de portas abertas o mércores 1 de febreiro
30 Xaneiro 2012 10:39
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro, anunciaron esta mañá que a empresa Fesán, a adxudicataria por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da xestión do centro de día de Caamouco, abrirá a partires deste mércores, 1 de febrero, e ata a inauguración do mesmo (pendente de concretar por parte do propio Consorcio), a todas as familias que desexen coñecer as instalacións. Estas xornadas de portas abertas permitirán que todos os cidadáns que o desexen coñezan non só as dependencias deste edificio, senón que tamén serán informados –por parte dos representantes de Fesán- do funcionamento e doutros datos de interese (tramitación das solicitudes, prezos, etc.).
Hai que lembrar que o centro de día, ubicado nas proximidades da urbanización Marina do Pombal, ofrecerá nun principio 21 das 40 prazas que podería acoller; cifra á que se referiron os responsables socialistas, pedíndolle á Xunta que a incremente progresivamente para poder atender a demanda que existe neste concello e nos municipios da súa área de influencia.
Na actualidade, a empresa Fesán atópase no proceso de contratación do persoal que se encargará de atender o centro, e que precisa, como mínimo, dun traballador/a social, psicólogo/a e terapeuta, así como de xerocultores.
Nunha reunión celebrada o pasado mes de outubro con responsables do Consorcio, a concelleira de Servizos Sociais e as técnicas desta área municipal foron informadas de diversos aspectos importantes acerca do funcionamento do centro de día. Así, para acceder a estas prazas haberá tres vías, dúas deles prioritarias, como son os traslados (as persoas que están noutros centros con PIA) ou as que están concedidas pola Lei da Dependencia. No caso de que sobrasen prazas poderían concederse pola vía de libre concurrencia, realizando unha baremación e outorgando as prazas sobrantes en función de dita baremación.
O horario do centro de día será de oito da mañá a oito da tarde e inclúe, se así o demandan os usuarios, servizo de almorzo, xantar e merenda, así como de transporte.
Ademais, os prezos por este servizo oscilarán entre os cero euros para persoas con ingresos mensuais de 0,0 a 532,51 -92,01 se é con todos os servizos anteriormente citados incluidos- ata os 91,53 euros para persoas con ingresos ao mes de máis de 1.065,02 euros –neste último caso, a tarifa chegaría aos 428,57 se incluimos as tres comidas e o transporte-.
Por outra banda, non hai que esquecer que a construcción deste inmoble remóntase ao inicio do primeiro mandato do socialista Julio Iglesias no Concello de Ares, aló polo verán de 2007. Foi entón cando o goberno local solicitou ao Consorcio –entón en mans do Bipartito- a construcción dun centro de día, ofrecendo unha parcela de máis de 5.000 metros cadrados en Caamouco. A petición foi atendida e meses máis tarde comezaba o proceso de licitación e construcción do inmoble, orzamentado nuns 780.000 euros.
O certo é que o centro de día, que ten unha superficie útil de 749,80 metros cadrados repartidos nunha edificación aillada dunha pranta, debería levar en funcionamento máis dun ano, pero nestes dous últimos anos os retrasos por parte do Executivo autonómico foron máis que notables.
Agora, semella que este longo camiño está chegando ao seu fin e, neste eido, a concelleira socialista anima ás familias con persoas dependentes ou da terceira idade con necesidades específicas ao seu cargo a coñecer as novas instalacións, que ofrecerán un servizo fundamental a este concello.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares