Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 05 de Abril de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ábrese o prazo de inscripción para a participación nas escolas deportivas
28 Setembro 2007 09:40
O Concello de Ares mantén aberto ata o 15 de outubro o prazo de solicitude de inscripcións para tomar parte nas Escolas Culturais e Deportivas correspondentes ao curso 2007-08. As actividades, un total de 16, comezarán en outubro e se desenvolverán ata maio do vindeiro ano.
As persoas interesadas en participar nalgún destes cursos deberán acudir ás Alianzas Aresanas, entre as 10.00 e 14.00 horas e entre as 16.00 e 20.00 horas, de luns a venres, para presentar a solicitude, que deberá ir acompañada dunha fotocopia do DNI e, no caso de que sexa a primeira vez que participa nunha Escola Municipal, dunha copia do libro de familia. O prezo de matrícula é de 8 euros -15 euros para os non empadroados no Concello de Ares-, aínda que haberá descontos do 50% para os casos nos que haxa tres ou máis incripcións por familia, e do 100% para familias carentes de recursos económicos. O abono desta taxa levarase a cabo entre o 10 e o 31 de outubro.
As actividades desenvolveranse de luns a venres –os días concretos e os horarios están a disposición dos cidadáns nas Alianzas- e van dende ximnasia de mantemento e para a terceira idade ata tiro con arco para maiores de oito anos, pasando por ioga, tai chi, actividade física-fitness, aeróbic infantil, ou iniciación deportiva, entre outras. As taxas que os cidadáns deberán aboar cada mes por acudir a ditas actividades oscilan entre os 8 euros de tenis infantil e os 18 do ximnasio cardiofitness.
Tamén neste apartado haberá descontos, que no caso de unidades familiares con tres ou máis incripcións suporá o desconto do 50% na escola de menor importe; no de familias numerosas con tres ou máis actividades será do 50% nas dúas escolas de menor importe; e no caso de familias con problemas económicos todas as actividades serán gratuitas.

ESCOLA DE DEPORTES NÁUTICOS E BUCEO

Por outra banda, o goberno local de Ares traballa con outros municipios da zona na posibilidade de crear unha Escola de Deportes Náuticos e Buceo, así como de Equitación, que podería ofrecer estas actividades de forma mancomunada cos outros Concellos veciños. Ao longo do vindeiro mes de outubro podería haber novidades ao respecto.

CURSOS DA CONCELLARÍA DE CULTURA

En canto ás Escolas Culturais, as actividades que oferta o Concello son ludoteca, bailes de salón, debuxo e pintura, gaita e percusión, encadernación, informática, manualidades, inglés, teatro, patchwork e escola de adultos. As condicións de matrícula e pago de taxas son as mesmas que as das Escolas Deportivas. Os prezos mensuais van dos 5 euros de encadernación aos 20 da ludoteca.
As tarifas e as escolas xa recibiron esta semana o visto bo das comisións informativas pertinentes, é dicir, da de Facenda –onte- e Cultura –hoxe-.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares