Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 05 de Abril de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares porá en marcha unha Xunta Local de Seguridade para deseñar os diferentes operativos
16 Xaneiro 2008 14:33
O grupo de goberno deu conta esta mañá, no marco da comisión informativa de Obras, da súa intención de constituir e por en marcha a Xunta Local de Seguridade, coa que o Concello pretende deseñar os diferentes operativos no municipio e, ao mesmo tempo, evitar posibles interferencias e problemas de carácter interno entre a Policía Local e Protección Civil. Como explicou o alcalde, Julio Iglesias, integrarán a xunta representantes dos diferentes grupos políticos con presencia na corporación, membros de asociacións de veciños, de entidades do municipio ou da ANPA do colexio e os propios colectivos implicados (Policía Local e Protección Civil), ademais de contar coa colaboración da Guardia Civil.
Este novo organismo, que terá que ser aprobado polo pleno da corporación na sesión ordinaria de 31 de xaneiro, reunirase con carácter mensual e terá entre os seus principais obxectivos os de por enriba da mesa as diferentes actividades previstas para ese período e facer o protocolo de actuación pertinente. Por exemplo, no caso do mes de marzo, no que terá lugar a Semana Santa, á xunta acudiría tamén a Confraría do Nazareno para opinar sobre o desenvolvemento dos actos e plantexar as súas necesidades no que se refire ao ámbito da seguridade.
Por outra banda, na comisión de Obras tamén se informou sobre o nomeamento dun novo coordinador de Protección Civil, unha vez que o anterior presentou a súa dimisión. Como xa se informou recentemente, a partires de agora será un funcionario o que asuma esta tarefa, atendendo pois ás directrices que marca o Plan de Emerxencia Municipal (PEMU), redactado polo Concello e remitido á Dirección Xeral de Protección Civil. Carlos Rivera López será o novo responsable de Protección Civil, traballador que conta cos permisos necesarios para desenvolver estas tarefas e ao que se chegará a un acordo económico para garantir a súa disponibilidade durante as 24 horas do día.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares