Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A VII Carreira Popular de Fin de Ano discurrirá entre Mugardos e Ares, cun percorrido de dez kilómetros e o sorteo de agasallos e cestas
20 Decembro 2011 15:10
O salón de plenos do Concello de Mugardos acolleu esta mañá a rolda de prensa de presentación da que será VII Carreira Popular Fin de Ano, que organizan as áreas de Cultura de Ares e Mugardos, xunto coa Federación Galega de Atletismo, e co patrocinio de Aquabona, Powerade (Begano) e Gadis, e se desenvolverá o día 31 de decembro ás 11.00 horas. No acto estiveron presentes o alcalde e concelleiro de Deportes de Mugardos, Xosé Fernández Barcia e Xosé Antón Bouza Rey, respectivamente; o edil de Deportes de Ares, José Juan Vilar; o director de Marketing de Gadis, Antonio Cortés; e o delegado territorial de Coca-Cola, José Ángel Vigo.
Segundo explicaron na comparecencia ante os medios, a carreira resposta á estreita colaboración existente entre os Concellos de Ares e Mugardos e que deixa boas mostras nesta iniciativa, así como na xestión compartida do complexo acúatico do Castro, nas actividades do programa da natureza ou nas escolas de baloncesto e deporte adaptado, entre outras. Nesta séptima edición, a proba sairá do pavillón municipal de Mugardos, para percorrer este municipio, facer o propio polo de Ares e regresar ao mesmo punto de partida. En total, como puxeron de manifesto os organizadores, serán dez kilómetros nos que os corredores, chegados de diferentes puntos de Galicia e incluso Asturias e Castela-León, compaxinarán o deporte co carácter festivo da carreira.
Así, hai que destacar que os mellores exemplos do carácter popular da proba son, por unha banda, que non hai clasificación por categorías nin agasallos para os vencedores senón un sorteo ao remate da carreira de cestas de Nadal e cinco abonos de balde para acceder ao complexo acuático do Castro e, por outra, porque os organizadores entregan gorros de Papá Noel aos participantes, aportando unha nota de humor a esta proba. Pero tampouco hai que esquecer que se trata dunha carreira intregrada dentro do calendario de probas populares da Federación Galega, que se leva a cabo unha cronometraxe similar á dunha proba oficial e que se atopa en todos os foros de atletismo, redes sociais desta modalidade deportiva e o propio portal da Federación.
Polo tanto, a carreira conta con todos os ingredientes para xuntar cada ano aos 500 corredores e corredoras de 14 anos en adiante que nestas últimas edicións tomaron parte na mesma. E todo apunta a que o éxito será similar nesta ocasión, posto que xa están inscritas máis de 200 persoas e aínda restan días para o remate do prazo, previsto para o 28 deste mes. A este respecto, hai que informar que os interesados deberán apuntarse na web www.fgatletismo.es/ferrol/.
Os responsables de Ares e Mugardos quixeron agradecer a Gadis e Begano a súa constante e destacada colaboración nesta iniciativa –aseguraron que sen a súas aportacións, que se remota nao primeiro ano, a celebración da proba sería imposible, e máis nestes tempos de crise-, indicando que mentres que a primeira empresa aporta a froita fresca e as barritas enerxéticas aos corredores, Begano donará as bebidas isotónicas e o auga que se darán na metade da carreira –este ano en Ares- e ao remate da mesma, entre outras cousas, como hinchables.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares