Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 07 de xullo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares disporá dende xaneiro dun novo clube de tiro con arco, o Ares Arco, que conta cunha escola municipal
15 Decembro 2011 15:47
O alcalde, Julio Iglesias, o concelleiro de Deportes, José Juan Vilar, e tres dos sete membros da directiva de Ares Arco, Julio Seoane (presidente), Manuel de la Fuente (vicepresidente) e José Antonio Fernández (tesoureiro), compareceron esta mañá en rolda de prensa para presentar esta nova entidade, que conta, ademais do club, cunha Escola Municipal na que poden participar nenos e maiores (ata o momento, un rapaz e tres adultos).
Aínda que dito clube xa ten as equipacións pertinentes e os seus integrantes as utilizan en competicións dende a primeia fin de semana de novembro, o certo é que o clube como tal iniciará a súa andaina en solitario a partires do vindeiro 1 de xaneiro, unha vez que xa teñan a licenza propia (ata entón están vencellados a Arco Ferrol). Será nesa data tamén cando comecen a captar socios e socias para a entidade e cando poidan desenvolver actividades de colaboración e promoción desta modalidade deportiva, por exemplo, con colexios da zona.
Ares Arco, de feito, xa está en conversas con outros clubes de Galicia e de fóra da comunidade –incluso con arqueiros que están na selección española- para realizar acampadas de intercambio durante o verán.
Os responsables do novo clube quixeron agradecer o apoio recibido tanto pola Federación Galega, cuxo presidente, segundo dixeron, respaldounos dende un primeiro momento, como polo Concello de Ares. Axuda e facilidades de todo tipo que, aseguraron, foron fundamentais á hora de poder iniciar esta andaina en solitario.
Precisamente o alcalde, Julio Iglesias, destacou a proxección que se lle da ao pobo con iniciativas deste tipo, ao tempo que mostrou o agradecemento do Concello aos promotores do clube e escola municipal polo traballo desenvolvido neste eido e que sen dúbida, afirmou, incentiva a moitos rapaces e rapazas á hora de practicar deporte.
Iglesias tamén anunciou que se ben ata o momento os arqueiros deste clube teñen a súa sede en Santa Catalina e adestran nun campo de tiro ubicado no entorno do cenobio e no pavillón municipal, a intención do grupo de goberno pasa por crear no complexo deportivo de Pedrós un campo de tiro máis versátil –o de Santa Catalina non ten as medidas necesarias para todo tipo de competicións- que cumpla coas medidas reglamentarias para desenvolver calquera campionato.
A nova entidade comezará a funcionar o día 1 de xaneiro, e a primeira competición na que os arqueiros e arqueiras de Ares Arco participarán dun xeito independente será o 7 do mesmo mes.

CARREIRA SOLIDARIA DO CPI CONDE DE FENOSA

Na rolda de prensa tamén estivo presente Yolanda Castro, promotora da Maratón Solidaria que organiza o CPI Conde de Fenosa. Segundo explicou esta profesora, trátase dunha iniciativa que se enmarca dentro dunha campaña de educación en valores que está levando a cabo o centro escolar e que ten unha doble finalidade: a de espertar nos rapaces e rapazas unha conciencia crítica, e a de recaudar fondos para a construcción dunha escola no Congo.
Así, os participantes teñen que pagar un euro pola inscripción na carreira. Pero, ademais, moitos deles, como destacou Yolanda Castro, buscaron patrocinadores entre os seus familiares e incluso empresas e establecementos do municipio, polo que, dixo, serán moitas compañías locais as que finalmente colaboren con esta bonita iniciativa.
Esta carreira, na que participarán arredor dos 180 escolares de Secundaria que ten este CPI e os seus profesores –moitos deles encargados de vixiar o percorrido e realizar tarefas de avituallamento-, terá lugar o vindeiro martes, día 20, ás 10.30 horas, estando previsto que o percorrido saia e chegue do centro escolar e discorra polo cementerio, o Náutico e o paseo marítimo, así como polo centro da vila.
Yolanda Castro, así mesmo, subliñou a presenza na maratón da prestixiosa atleta local Paula Mayobre, que exercerá de madriña do evento e correrá cos chavales. Unha vez que a carreira remate –sobre as doce- e se entreguen os agasallos, Mayobre recibirá unha homenaxe do colexio no que cursou os seus estudos de pequena
Nesta ocasión unicamente participarán os alumnos e alumnas de Secundaria –os de Infantil e Primaria teñen o festival nesa xornada-, pero a organización –na que tamén participa a profesora de Educación Física que, segundo contou Castro, leva preparando aos rapaces para a carreira dende hai tempo- ten previsto abrilo o vindeiro ano a todo o alumnado e incluso ás nais e pais.
A profesora quixo agradecer ao Concello a súa colaboración, xa que se encarga da seguridade da carreira aportando a Protección Civil e Policía Local durante o transcurso da mesma.


ALIMENTOS PARA A COCIÑA ECONÓMICA
Tamén deu as grazas ao Concello por enviar esta mañá unha furgoneta para recoller os 600 kilos de alimentos entregados polos alumnos e alumnas do CPI na campaña “Operación kilo”. Segundo explicou, trátase do segundo ano que o centro leva a cabo esta iniciativa, que ten como beneficiaria á Cociña Económica de Ferrol.
Nesta ocasión, a “Operación kilo” desenvolveuse entre os días 1 e 15 deste mes de decembro e, a pesares da crise, este ano recaudáronse máis alimentos que na edición anterior, o que da boa conta, dixo Castro, do elevado nivel de solidariedade dos nenos e nenas deste colexio aresán.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares