Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 26 de Xaneiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesXaneiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O equipo de goberno acusa a Cendán de apropiarse para beneficio propio dun proxecto solicitado pola Confraría e o Náutico de Ares
02 Decembro 2011 10:23
O equipo de goberno de Ares acusa publicamente ao portavoz do Partido Popular, Manuel Cendán, de apropiarse dun proxecto a realizar polo Concello a instancias da Confraría de Pescadores e do Club Náutico de Ares para instalar na superficie portuaria un surtidor de combustibles que dera servizo ás embarcacións e, como aliciente para os concesionarios, que tamén servira aos vehículos en xeral, presentando un proxecto dunha gasolinera nunha parcela da súa propiedade en A Balsa, na estrada de Franza.

Segundo explicou o alcalde, Julio Iglesias, Cendán estivo presente en varias das reunións celebradas tanto con membros do pósito como da entidade náutica cos diferentes presidentes de Portos de Galicia e o propio rexedor, nas que se falou de dita demanda. A última foi nunha visita do actual presidente de Portos de Galicia seguida dun xantar, promovido polo Club Nautico, na que se volveu falar da referida demanda, que contou coa aprobación expresa do portavoz do PP.

A sorpresa do equipo de goberno, que xa encargou o proxecto á empresa Ceinsa para satisfacer esta solicitude de Confraría e Náutico, foi cando ao Concello chegou o proxecto para a instalación da “Estación de Servizo As Balsas” nunha parcela de Cendán e por un importe de 333.275,97 euros. Polo tanto, os responsables municipais acusan ao responsable do Partido Popular de Ares de acudir a unha reunión para defender intereses xerais e sair dela apropiándose sen vergoña ningunha dunha idea colectiva para beneficio propio que, de levarse a cabo nas instalacións do porto, beneficiaría moito ás dúas entidades solicitantes.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares