Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 05 de Abril de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Costas reparará pola vía de urxencia a estrada da praia pequena de Chanteiro
01 Octubre 2007 12:27
O enxeñeiro xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Carlos Gil Villar, comprometeuse, no marco dunha visita realizada o pasado venres a Ares por petición dos responsables locais, a executar un dos proxectos máis demandados polos veciños de Chanteiro nos últimos anos. Trátase da reparación do lateral da estrada da Praia Pequena, que bordea a costa a unha altura considerable e que, pola forza do mar e da erosión, está a perder co tempo parte da anchura da calzada. Este feito, motivo de preocupación dos veciños da zona e do propio goberno local, ten efectos tales como que dende hai uns meses o camión de recollida de lixo xa non pasa por este vial, debido ao perigo de caer ao mar polo acantilado.
Carlos Gil acudiu a este lugar acompañado polo alcalde de Ares, Julio Iglesias, que lle mostrou a estrada e a súa problemática. O rexedor destacou a receptividade do enxeñeiro xefe da Demarcación de Costas, que non só se comprometeu a executar esta actuación, senón que tamén asegurou que o fará pola vía de urxencia. A intervención, como lembrou o alcalde, é similar á desenvolvida, tamén por Costas, hai pouco en Area Morta, en Redes.
Os traballos non só contemplan a reparación da estrada, senón que, ademais, inclúen o cambio do tubo de pluviais, é dicir, o que recolle a auga de chuvia do monte e a bota ao mar. Esta actuación correrá a cargo do Concello, que na actualidade está a acometer unha serie de traballos de apertura de camiños nesta parroquia do municipio. Na actualidade, a Concellaría de Obras, que dirixe José Ferreiro, está executando estas obras no Camiño Real, consistentes no ensanchamento do vial ata acadar os oito metros.

PROXECTO INTEGRAL NA PRAIA DE CHANTEIRO

Outra actuación de grande importancia que acometerá Costas, por petición de Iglesias, é a adecuación do litoral na praia de Chanteiro. Neste caso, trátase dunha intervención integral que consiste no saneamento do contorno do areal, a construcción dun aparcaoiro público e a adecuación dos accesos, facéndoos máis adecuados e de madeira. Ademais, desta praia partirá un paseo peonil polo litoral, que rematará na zona da Coitelada e que pasará polo camiño da Praia Pequena que agora vaise arranxar.
Segundo o acordo acadado na visita feita por Carlos Gil o venres, o Concello farase cargo da realización do proxecto, mentres que a Demarcación de Costas financiará a execución dos traballos.


SANEAMENTO

Por outra banda, o alcalde de Ares asegurou, como xa o fixo cando o DOG publicou o anteproxecto da EDAR da zona norte da ría de Ares e a sur de Ferrol, que a súa intención pasa por conectar Chanteiro coa nova rede de saneamento, dando servizo, deste modo, á unica zona do municipio que carece do mesmo.
Neste sentido, Julio Iglesias subliñou que o Concello dispón de dous proxectos redactados, o último de 2003, relativos á dotación de alcantarillado para Chanteiro, que non foron executados polo anterior grupo de goberno local. Agora, os novos responsables municipais retomarán ditos proxectos, que serán actualizados, e buscarán doutras administracións a aportación económica necesaria para poder dotar a estes veciños do servizo de saneamento. De feito, o alcalde xa mantivo conversas nesta dirección co conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, e na actualidade está pendente de concretar unha entrevista persoal co titular deste departamento da Xunta.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares