Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O equipo de goberno propón convertir a praza da Constitución nun gran espazo aberto que dea resposta ás necesidades de xóvenes e maiores
28 Novembro 2011 11:45
A A vila de Ares ten mudado notablemente nos últimos anos. O incremento demográfico constante están a crear nos veciños e veciñas novas necesidades e servizos. E nesta liña está a traballar o equipo de goberno que preside Julio Iglesias, que ten entre os seus principais obxectivos o de recuperar espazos "dignos" para os xogos dos fillos e fillas dos aresáns, e para todo o pobo en xeral.
Se nunha primeira acción actuouse nos paques infantís, ampliando e renovando estes espazos no parque Rosalía, no Porto, no campo de fútbol, en Cervás, en Chanteiro e en Redes, e nunha segunda procedeuse á rehabilitación da Casa do Patín para convertila en Casa da Xuventude, agora os responsables municipais traballan na recuperación da "rúa" como espazo no que disfrutar e pasar o tempo de lecer. E, baixo esta perspectiva, a de buscar solucións e dar respostas ás necesidades de futuro dos veciños e veciñas de Ares, coa mocidade como garante do futuro, enmárcase a actuación da praza da Constitución; unha intervención coa que se pretende, por unha banda, que os rapaces e rapazas da vila poidan xogar ao aire libre a básquet, tenis de mesa ou diferentes xogos tradicionais, pero tamén na que os nosos maiores poidan pasar o seu tempo de lecer ao aire libre sen os problemas de accesibilidade e cos numerosos perigos de caídas que existen na actualidade. Porque, como destacou o alcalde, Julio Iglesias, o abandono dos gobernos locais de anos anteriores fixo que as árbores que estaban na praza creceran sen control algún e extenderan tanto as súas raíces que chegaron a levantar o chan, provocando numerosas e perigosas caídas en pequenos e anciáns.
Precisamente estas árbores, ás que agora fai referencia o BNG, tiñan tal envergadura e raíces que era imposible trasladalas; de aí a decisión de retiralas e substuilas por outras especies -laranxos- menos agresivas para este entorno.
Para o equipo de goberno, o que está a facer agora o BNG non é nin máis nin menos que un exemplo máis da súa política do "non" permanente, como xa fixeron coas instalacions portuarias, coa instalación do centro de día en Caamouco, coa da escola infantil en Granxares e, agora, coa realización deste proxecto de recuperación dun espazo aberto público que pretende, como fixo no anterior mandato este goberno coa casa do Patín convertíndoa en Casa da Xuventude, recuperar un espazo público aberto para a práctica de deportes e xogos populares nas condicións que os nosos mozos e mozas se merecen. "Este goberno esta moi preocupado pola mocidade, que en Ares unicamente podía pasar o seu tempo de lecer en callexóns, portais e escaleiras e de aí as actuacións que se teñen feito ata o de agora", destacou o alcalde, ao tempo que lles preguntou aos nacionalistas se queren que mozos e maiores continúen caendo co pavimento roto ou que os rapaces e rapazas sigan xogando en callexóns, portais e escaleiras.
Así mesmo, lembrou ao Bloque que a resolución pola que se aprobaba o proxecto foi a pleno o 28 de abril de 2011 sen que ningún grupo se pronunciase ao respecto, ao igual que ocorreu coa aprobación pola xunta de goberno da adxudicación da obra, o 30 de setembro deste ano, cuxas actas foron notificadas a todos os concelleiros e concelleiras da corporación, sen queixas de ningún tipo ata este momento.
Para o equipo que preside Iglesias, esta postura do BNG resposta unicamente e exclusivamente a intereses electoralistas. Así mesmo, queda demostrado que os integrantes da organización nacionalista non miran nin tan siquera o que vai a pleno e curiosamente saen á palestra seis meses despois e cando pensan que a postura en contra do proxecto pode acarrearlles un puñado de votos. "Ou son uns irresponsables e non cumpren coas tarefas que, como concelleiros, lles son propias, ou son uns hipócritas por mudar agora de opinión", asegurou o rexedor, que engadiu que "se fora polo BNG, Ares nunca tería nada porque o non polo non que practican conduce á paralización do pobo". "Hai que conciliar o Ares da memoria co Ares do futuro e por iso proponse o traslado do palco a outro lugar no que poida conservarse de maneira máis útil precisamente porque ten moito valor sentimental", concluiu Julio Iglesias engadindo que "como alcalde nunca fixen nada de espaldas ao pobo e agora tampoco vou facelo, porque o pobo de Ares e o soberano do seu alcalde e do seu Concello porque, a diferencia de outros, eu estou ao servizo do pobo e sempre o estarei".
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares