Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Dous obradoiros e unhas xornadas de reflexión centran os actos do Día contra a Violencia de Xénero organizados polo Concello
22 Novembro 2011 11:19
A Concellaría de Servizos Sociais, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza unha serie de actividades para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar o 25 deste mes de novembro.
Os actos, dos que o grupo de gobernó informou á oposición na comisión informativa que se celebrou esta mañá, comezarán a desenvolverse o mesmo día 25, cun obradoiro que leva o título “No solo duelen los golpes”. Esta iniciativa, que naceu sendo unha exposición fotográfica e que agora se ten convertido nun obradoiro vivencial de prevención da violencia machista no noivado, será impartido por Pamela Valenciano, licenciada en Comunicación Audiovisual e especialista en temas de xénero e igualdade.
A participación en dito obradoiro, que se celebrará na Casa da Xuventude entre as 18.30 e as 20.30 horas, é de balde e a entrada será libre.
Uns días máis tarde, nomeadamente o 29 de novembro e o 1 de decembro, terán lugar unhas xornadas de reflexión sobre a actividade anterior. Ademais de analizar os contidos tratados en dito obradoiro, proxectarase o corto “Córtalle os fío sao maltrato”, cedido por alumnos de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago). Esta actividade, dunha hora e media de duración en total –de 14.00 a 14.45 horas por sesión-, celebrarase no CPI Conde de Fenosa e correrá a cargo dos profesionais do CIM de Ares.
Finalmente, o día 30 do presente mes de novembro porase en marcha a primeira sesión do obradoiro “E ti de que vas?”. Esta iniciativa vai dirixida a mulleres de 18 a 60 anos e as interesadas deberán inscribirse no CIM –no número 12 da avenida Saavedra Meneses-, no número 689 880 439 ou a través do correo electrónico cim@concellodeares.com. Ao igual que o resto de actividades, o obradoiro é de balde e estará impartido por profesionais do Centro de Información á Muller.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares