Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os beneficios do magosto solidario do sábado irán destinados á ONG Ecogaia, que desenvolve proxectos educativos e sanitarios no Senegal
03 Novembro 2011 14:27
O alcalde, Julio Iglesias, o concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández Lago, e tres dos integrantes de AreSolidario –agrupación de veciños e veciñas de Ares que colabora con diferentes proxectos dirixidos aos máis desfavorecidos- presentaron esta mañá en rolda de prensa o I Magosto Solidario, cuxos beneficios serán destinados a Senegal. Segundo explicaron os organizadores desta iniciativa, a colaboración coa ONG Ecogaia céntrase na realización de proxectos educativos e sanitarios, como o centro de formación que esta organización está construindo na actualidade.
Os organizadores, que xa promoveron recentemente unha chocolatada de forma conxunta, confían en acadar o mesmo éxito que en dita chocolatada, na que se recadaron uns 3.300 euros que se destinaron aos nenos e nenas de Somalia. No que se refire a AreSolidario, o seu vindeiro proxecto terá como destinatario o Centro de Mulleres Maltratadas Concepción Arenal de Ferrol, que, como aseguraron os representantes da agrupación local, se atopa nun estado moi precario.
O magosto solidario terá lugar o sábado 5 de novembro posiblemente na pista cuberta do CPI Conde de Fenosa –todo apunta a que non faga bo tempo, aínda que se non chove será na praza da Constitución- e comezará ás catro da tarde coa saída das carrozas que están a elaborar os integrantes da Asociación Cultural O Tilo e que percorrerán as principais rúas da vila ata chegar ao lugar do magosto.
Despois da chegada das carrozas e do pasarrúas, a iso das seis da tarde, levaranse a cabo as actuacións da Rondalla Trovadores, do dúo Volga-sound, o Grupo de Gaitas Aresán, Elvis Presley Solidario e o Grupo de baile de danza do ventre. Tamén haberá unha actuación dun grupo senegalés, que mostrarán a música e o baile típico deste país africán.
A celebración do tradicional concurso de cabazas –infantil e de adultos- será outro dos pratos fortes da xornada. De feito, dende as cinco da tarde e ata as 18.30 horas permanecerá aberta a inscripción dos participantes neste concurso, que se fallará ás sete da tarde. Sobre esa hora comezará a degustación de castañas e de licores e postres caseiros –doados por veciños e veciñas para esta festa-, cuxos prezos serán de dous euros para as castañas con bebida, e dun euro para o licor ou o postre.
Tamén está previsto o sorteo de cestas con produtos típicos da terra; sorteo que se celebrará antes do fin de festa, previsto para as nove da noite.
Na súa intervención, o concelleiro de Cultura quixo agraceder, un ano máis, a colaboración prestada por O Tilo, que está traballando a reo na elaboración de carrozas para que a festa sexa todo un éxito.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares