Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 13 de xullo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde defende en Redes os valores da arquitectura tradicional
01 Octubre 2007 12:26
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, destacou esta mañá en Redes, nos actos organizados pola delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para celebrar o Día Mundial da Arquitectura, o esforzo realizado polos veciños desta vilar para manter a súa singularidade. O rexedor, que participou nesta homenaxe rendida á Redes por parte dos arquitectos de A Coruña, defendeu os valores urbanísticos actualmente en alza de recuperación e conservación fronte á chamada “arquitectura intelixente” practicada ata hai pouco por parte de moitos profesionais.
Para Iglesias, o esforzo levado a cabo polos veciños de Redes, que nunca tiveron moita axuda pública, foi o que mantivo dende sempre a esta localidade mariñeira nun bo estado de conservación. “A nova corporación atopará a maneira de seguir conservando Redes sen que supoña unha carga excesiva para os veciños, que xa fan bastante para manter unha opinión favorable”, dixo o rexedor socialista.
Ademais, nun encontro dos medios de comunicación, Iglesias afirmou que foi o Goberno do PSOE o único que vén amosando un compromiso con Redes. En primeiro lugar, o alcalde referiuse á execución da adecuación feita polo Ministerio de Medio Ambiente en Area Morta, unha obra xa materializada que supuxo un desembolso de máis dun millón de euros.
O segundo proxecto, xa redactado e tan só pendente de aprobación por parte do Consello de Ministros, afecta ao castelo de Redes, no que se ubica a sede do Club de Remo. A actuación consiste na recuperación desta atalaia, trasladando o local desta entidade a un espazo próximo de nova construcción. Ademais, procederase ao empedrado da rúa Nova e da praza do Pedregal, e se urbanizará o aparcadoiro. Esta importante intervención está orzamentada en máis de 1,5 millóns de euros.

VALORES

O acto da delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia comezou pasadas as 12.00 horas na praza do Pedregal coas palabras do seu presidente, Manuel de la Iglesia, que destacou na súa intervención a conservación dos valores arquitectónicos de Redes, como a súa integración na ría, a accesibilidade ou a escala, que “seguen sendo a maneira máis sostible de vivir”. De la Iglesia, que tamén valorou o esforzo feito para manter esta vila mariñeira no estado no que se atopa na actualidade, asegurou que Redes é un exemplo de vila sostible –este ano o Día Mundial da Arquitectura leva o lema de “Emisión cero”- que nestes tempos é “moi difícil, ou prácticamente imposible, atopar”.
Esta homenaxe tamén incluíu a proxección dun vídeo sobre o Redes de principios do século XX e un percorrido por esta vila e por algunhas das súas edificacións máis significativas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares