Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O goberno local acusa ao BNG de Ares de sumarse ao lema do PP de "canto peor, mellor" "
02 Novembro 2011 11:18
O goberno local de Ares, despois de ter coñecemento da rolda de prensa do BNG criticando a participación de NAL na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, quere facer unha serie de puntualizacións relativas ás falsedades ditas en dita convocatoria por parte dos representantes nacionalistas, que se teñen convertido no "perro do hortelano" posto que nin queren colaborar co goberno aresán nin permiten que sexan outros os que o fagan.
O alcalde socialista, Julio Iglesias, quere deixar claro en primeiro lugar que a necesidade de contar cun novo plan de urbanismo convertiuse nun verdadeiro "clamor" para a grande maioría de veciños e veciñas, que veñen demandando nestes últimos anos a redacción dun novo planeamento. "Este clamor popular ten que estar por enriba de ideoloxías e partidos", manifestou o rexedor que, en todo caso, asegurou que en ningún momento o PSOE excluiu ao BNG. A este respecto, Iglesias explicou que o seu grupo político ofreceu aos nacionalistas xusto despois da toma de posesión da actual corporación -en xullo- colaborar na redacción do novo Plan Xeral, opción que foi rexeitada por escrito polo BNG nada máis e nada menos que dous meses despois de feita a proposta.
¿E que fai o grupo de goberno, se ten seis edís e precisa de, polo menos, sete votos para sacar adiante o PXOM? Pois seguir falando cos grupos que estiveran dispostos a sentarse para pechar un documento imprescindible para Ares. E nesa liña pechouse unha colaboración con NAL presidida pola transparencia, posto que este acordo garantiza a redacción dun novo planeamento urbanístico coa presenza non só de políticos do goberno e da oposición, senón tamen de técnicos expertos na materia. "Que eles non saiban defender os intereses dos aresáns non significa que os os demais non o fagamos", afirmou Iglesias, que engadiu que nesta liña, a de respostar ás demandas veciñais, está a traballar o grupo de goberno -e seguirá facendo- con aquelas forzas políticas que estean dispostas a remar na mesma dirección.
Os responsables municipais subliñan que o BNG adoptou o mesmo lema que ten o PP, que é que "canto peor, mellor" e, sobre este punto, lembran que dende o inicio do mandato, as dúas formacións están a votar a todo que non. "O BNG segue sendo o partido do NON", indicou Iglesias, que concluiu asegurando que "exclúense porque agora tamen sumanse ao lema do PP de canto peor, mellor".
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares