Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno aproba unha liña de crédito de 177.000 euros para pagar a pequenos proveedores
28 Octubre 2011 10:20
O Pleno do Concello de Ares aprobou esta mañá, no marco da sesión ordinaria de fin de mes, a petición dunha liña de crédito ICO de 177.000 euros para pagar a pequenos proveedores. Esta medida económica, que paliará parte da débeda que ten o Concello con algúns das empresas e comercios, foi aprobada cos votos favorables do equipo de goberno e de NAL, mentres que PP e BNG votaron en contra da mesma.
Un resultado similar, neste caso coa abstención de NAL (PP e BNG volveron sumar forzas votando en contra), acadou a proposta relativa a modificar a taxa fiscal da Ordenanza da Auga, que non se revisara dende hai moitos anos a pesares do forte incremento imposto pola ferrolá Emafesa aos concellos –entre eles o de Ares- que reciben o subministro das Forcadas (de feito, en catro anos a suba foi de case 60 puntos), que nunca foi repercutido nos recibos das familias.
Como explicou o alcalde, Julio Iglesias, a suba que se propón e que, xunto co resto de taxas e ordenanzas fiscais, será revisada polo miudo a partires da vindeira semana en comisión de Facenda por parte de todos os grupos, resposta unicamente á necesidade urxente de corrixir o déficit do Concello de Ares coa Empresa Mixta de Augas, actualmente insostible. Para iso, manifestou, establecéronse tarifas totalmente asequibles para as familias de Ares e tendo en conta os consumos; é dicir, que pague máis o que máis consume posto que “o auga é un ben escaso e nesa liña pedagóxica e de premiar o aforro debemos traballar”.
De feito, os incrementos concrétanse en 4 céntimos ao mes para o que sería a cota de mantemento, que quedaría en 10 euros ao trimestre, e subas polo consumo propiamente dito, que é de 8 céntimos/mes para os que consumen de 0 a 30 metros cúbicos de auga –a maioría das familias, que teñen en Ares un consumo medio de 20 metros cúbicos-, de 9 para o tramo seguinte, de 31 a 40 metros cúbicos, de 10 para os de 41 a 50, e de 11 para os que teñan un consumo superior aos 50 metros cúbicos. “Subimos a auga un café ao mes”, asegurou o rexedor socialista, que afirmou que o incremento oscilará entre 80 céntimos ao mes e 2,20, segundo o nivel de consumo.
Para Iglesias, a proposta de BNG e PP suporía un incremento moito maior, imposible de asumir para as familias nestes momentos de profunda crise económica e, en todo caso, froito dun estudo económico complexo que se iniciará agora dentro desa revisión de taxas na que se comezará a traballar a vindeira semana.
E tamén abordaranse nesa comisión de Facenda o resto de ordenanzas municipais, que serán obxecto como cada ano da revisión do IPC, tal e como acordou o pleno esta mañá.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares