Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A área de Servizos Sociais inicia en novembro un novo curso do programa "Tempo de familias"
25 Octubre 2011 14:33
O Concello de Ares, a través da área de Servizos Sociais, promove unha nova edición de programa de educación familiar “Tempo de familias, compartindo experiencias”, para o que conta coa colaboración da ANPA Ramón Pimentel do CPI Conde de Fenosa. Esta iniciativa desenvolverase durante todo o curso escolar (de novembro a xuño), con carácter quincenal, estando prevista a primeira sesión para o día 3 de novembro na Alianza a partires das dez da mañá. “Ser pais na sociedade actual” será o título desta primeira xuntanza, para a que non se require inscripción previa.
“Tempo en familias”, antes coñecida como “Escola de nais e pais”, é un espazo aberto, no que poden participar nais, pais, avós e, en xeral, todas as familias interesadas, e que pretende o intercambio de experiencias, o debate e, en definitiva, a aprendizaxe conxunta. “As familias seguen a ser o primeiro espazo educativo para as persoas e o primeiro e principal axente de socialización. Por iso, queremos facer posible un lugar para a reflexión, intercambio e aprendizaxe conxunta”, destacan dende a Concellaría de dirixe a socialista Victoria Montenegro.
Ao longo do curso, nas xuntanzas abordaranse diferentes temas; todos eles que interesen aos participantes e lles preocupen. Para iso, o Concello recollerá todas as propostas das persoas que tomen parte na iniciativa, propoñendo ademais algúns outros como “A sociedade actual e os menores”, “O papel a desenvolver como proxenitores: que papel queremos xogar?”, “O ocio e o tempo libre, como enfocalo?”, “Factores de risco e protección nas drogas”, “Comunicación familiar”, “Normas e límites” e “Posición familiar sobre as drogas”.
As persoas que desexen recibir máis información ao respecto poderán facelo dirixíndose a Servizos Sociais, no número 81 da rúa Real, ou ben chamando ao teléfono 981 448 354.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares