Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 05 de Abril de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A OMIC lanza unha campaña de adhesión ao Sistema de Arbitraxe de Consumo de Galicia
02 Octubre 2007 12:23
A Oficina Municipal de Atención ao Consumidor (OMIC) de Ares vén de lanzar unha campaña informativa de adhesión ao sistema de arbitraxe de Galicia. A iniciativa consiste no envío de cartas aos 96 empresarios, comerciantes e profesionais do municipio, de modo que éstes reciben documentación sobre dito sistema, ao tempo que teñen a posibilidade de poñerse en contacto coa OMIC para solicitar o distintivo oficial.
Aínda que se trata dun servizo autonómico, o Concello pode aclarar as dúbidas, ofrecer información máis detallada e tramitar as solicitudes dos comerciantes ao respecto.
O sistema de arbitraxe de consumo é unha vía extraxudicial, voluntaria e gratuita que permite resolver dunha forma rápida –máximo de catro meses dende que se nomean os membros do colexio encargados de dirimir o conflicto- e eficaz os desacordos que poidan xurdir entre os consumidores/usuarios e os empresarios, mediante unha resolución denominada “laudo”, que ten na práctica a mesma eficacia que unha sentencia xudicial.
Os empresarios que decidan adherirse ao sistema arbitral de consumo poderán exhibir o distintivo oficial debidamente rexistrado pola administración, que indicará aos clientes a oferta dunha garantía engadida aos servizos que presta habitualmente. Como subliñan dende a OMIC, dito distintivo redunda nunha maior confianza na calidade dos servizos ou produtos e na credibilidade das empresas.
Na actualidade, o distintivo oficial é empleado por máis de 50.000 compañías a nivel nacional.
Os empresarios e comerciantes de Ares que queiran recibir máis información ao respecto ou tramitar a solicitude pertinente deberán dirixirse á Oficina Municipal de Información ao Consumidor, situada na pranta baixa da Casa Consistorial –nº 12 da avenida Saavedra Meneses-. O número de teléfono da OMIC é o 981 468 102, extensión 241, e o correo electrónico oficina.consumo@concellodeares.com.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares