Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Arredor de trinta persoas participan mañá na primeira Xornada de busca e rescate de persoas
21 Octubre 2011 11:06
O municipio de Ares acollerá mañá sábado a I Xornada teórico-práctico de busca e salvamento de persoas desaparecidas, unha iniciativa presentada a pasada semana polo concelleiro de Seguridade, Eugenio Fernández Lago, e os responsables da Policía Local (Fernando López Nodar), Protección Civil de Ares (Carlos Rivera), Casaga (Alejandro Barreiro) e Expogal (Javier Davila).
Esta xornada vai dirixida a membros da Sociedade Cinolóxica Galega Expogal, da Asociación de Cans de Rescate de Galicia e persoal e técnicos dos servizos de Protección Civil, grupos de voluntarios de Ares e agrupacións convidadas así como persoal do Tercio Norte de Ferrol. O seu principal obxectivo é o da formación e desenvolvemento persoal destes grupos de profesionais –unhas trinta persoas- no eido da planificación e toma de decisións vencelladas coas tarefas de busca e salvamento de persoas desaparecidas.
En total, serán sete horas teórico-prácticas, repartidas entre as 10.00 e as 18.30 horas. Neste sentido, hai que destacar que as tres primeiras horas adicaranse á teoría de protocolos de busca, como a coordinación entre grupos, cartografía da zona ou a realización de fichas de recepción de aviso, entre outras cuestións de interese. A Alianza Aresana é o escenario no que se impartirán estes temas.
Despois do xantar, que se levará a cabo no mosteiro de Santa Catalina, as persoas que sexan designadas víctimas ocuparán as súas localizacións para, entre as 15.30 e as 18.30 proceder ao simulacro de busca e salvamento polos montes de Ares.
Ao remate da xornada e despois dun comentario final sobre os resultados obtidos ao longo da mesma, os responsables da iniciativa entregarán ás diferentes entidades participantes os correspondentes certificados de asistencia expedidos polo Concello de Ares, así como un diploma por parte de Expogal.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares