Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O grupo de goberno inicia negociacións con NAL para pechar un Plan de Urbanismo
21 Setembro 2011 10:10
O grupo de goberno de Ares, do PSOE, e a formación independente NAL, de Luis Cendán, veñen de iniciar unhas negociacións que persiguen a plasmación dun acordo que faga posible neste mandato a aprobación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal, extremo necesario e prioritario, como manifestou en reiteradas ocasións o rexedor, Julio iglesias.
Estas conversas respostan ao ofrecemento realizado ao inicio do presente mandato a todos os grupos con presenza no Concello por parte da formación socialista (como se lembrará, está a gobernar en minoría con seis dos trece edís que ten a corporación de Ares) co obxectivo de consensuar un gran pacto en materia de urbanismo. Pasados tres meses dende dito chamamento, unicamente Nueva Alianza Aresana mostrouse receptiva a entablar unhas negociacións que ambas forzas políticas, segundo puxeron de manifesto neste primeiro contacto, acollen coa grande esperanza de poder plasmar un acordo que dea resposta a cada vez maior necesidade social de solucionar os problemas urbanísticos provocados pola anulación do anterior Plan Xeral.
Hai que lembrar, a este respecto, que no anterior mandato, o entón grupo de goberno –socialista e liderado tamén por Iglesias, aínda que con un concelleiro menos que nesta lexislatura-, levou a cabo a modificación das normas subsidiarias que están a regular o urbanismo no municipio co obxectivo de solventar dun xeito urxente os principais problemas xurdidos nos núcleos urbáns de Ares e Redes. Pero se ben dita modificación deu “plena satisfacción” a ditos núcleos, o certo é que non ocorre o mesmo no ámbito rústico –nin máis nin menos que o resto do concello-, cuxas solución en materia urbanística pasan necesariamente pola redacción dun novo Plan Xeral.
O grupo de goberno confía en que os contactos iniciados agora con NAL cheguen a bo porto e, o que é máis importante, a aprobación do ansiado e reclamado polo conxunto da cidadanía planeamento urbanístico de Ares sexa unha realidade nun prazo “razoable”. De feito, a redacción e aprobación do PXOM é, segundo poden constatar día a día os responsables municipais, un sentir colectivo. Pero é que, ademais, a inmensa maioría dos veciños considera que se trata dun problema que debe finiquitarse e resolverse polo ben de Ares e por enriba de ideoloxías, partidos e diferenzas persoais; extremos que, polo menos nestas primeiras reunións, está a compartir a formación independente pero que non souberon valorar outras forzas políticas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares