Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 19 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A empresa Fergo comezará esta mesma semana os traballos de abastecemento de Cervás
20 Setembro 2011 10:52
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, anunciou esta mañá que os traballos de abastecemento de Cervás comezarán esta mesma semana. De feito, nestas xornadas xa se están levando a cabo tarefas de desbroce da parcela municipal na que se construirán os depósitos, lugar no que a empresa Fergo Galicia iniciará a actuación.
Esta compañía foi a adxudicataria da intervención que financia Augas de Galicia da Xunta, rebaixando o importe de licitación da obra, valorado en 627.000 euros, aos 565.510,27 euros nos que finalmente realizará os traballos.
Como subliñou o alcalde socialista, estes traballos non só garantirán á conexión á rede municipal de abastecemento de auga aos veciños e veciñas de Cervás, senón que tamén solventará esta carencia nos lugares de Chanteiro, Carballo e Lubre. Neste sentido, hai que subliñar que as obras xa rematadas de saneamento abastecemento de Chanteiro non servirían de nada –no que ao abastecemento se refire- se non se executase este proxecto de dotación de depósitos e colectores xerais de abastecemento.
O proxecto que ahora se materializa contempla o deseño dunha rede de abastecemento formado por unha impulsión dende a rede xerla nas proximidades do núcleo de Ares –trátase dunha pequena estación de bombeo en Porta de Seixas, Lubre, que impulsará a auga ata a zona superior de Cervás- ata un depósito que se instalará nun terreo municipal situado en Louseira (parte alta da parroquia). Dende dito depósito darase servizo, por gravedade, aos núcelos de Cervás, Carballo –cun ramal para esta zona- e Chanteiro.
Aínda que todo o proceso podería prolongarse ata os 18 meses, o certo é que a dirección de obra confía en rematar os traballos propiamente ditos en seis meses.
Deste xeito, esta intervención da continuación e complementa a obra da rede de saneamento e abastecemento de Chanteiro, ao tempo que pon solución a unha reivindicación histórica dos veciños e veciñas desta parroquia.
Hai que lembra que o proxecto, redactado polo Concello de Ares, xa fora comprometido polo anterior Goberno Bipartido antes da súa marcha, o que provocou numerosas negociacións e reunións cos agora responsables autonómicos. Finalmente, e non sen moito esforzo por parte da Alcaldía, a finais de xuño de 2010, o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, despois dun encontro con Julio Iglesias a instancias deste último, anunciaba publicamente o compromiso da Xunta con esta intervención.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares