Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 19 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A artista coruñesa Sara Garrote gaña o V Concurso de Pintura Concello de Ares-Manuel Rebón
17 Setembro 2011 12:11
O concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández, informou esta mañá do fallo do xurado do V Concurso de Pintura Concello de Ares-Manuel Rebón, reunido no CIRS de Cervás durante varias horas na tarde de onte e integrado polo propio edil, o artista Carlos Barcón e a licenciada en Belas Artes Lucía Gallo. Finalmente, a pintora coruñesa Sara Garrote, coa obra “Infancia en la granja”, foi a vencedora do certame, polo que recibirá un total de mil euros. Garrote é unha destacada artista que vén participando dun xeito exitoso neste e noutros concursos de pintura da zona, como o propio Manuel Rebón ou o Bello Piñeiro de Mugardos, que gañou na súa edición do pasado ano.
Ademais, a tamén coruñesa Sabela Roma, que presentou o cadro “Falando con Miami”, e a fenesa Beatriz Seijo Lamas, con “Nadadora”, fixéronse cun accésit cada unha.
En canto ao premio á mellor obra dun artista local, categoría dotada con 350 euros, foi para Alberto Vázquez Cordero, que presentou un cadro titulado “De faena”.
Fernández Lago destacou o número de obras que este ano concurriron a este concurso, un total de 43 procedentes de toda Galicia (cifra superior á de calquera edición anterior) e, o que é máis importante, o elevado nivel de case todas elas, o que fixo traballar a reo ao xurado.
Os premios serán entregados o día 1 de outubro no CIRS, nun acto ao que acudirán as autoridades locais e os galardonados a partires das oito da tarde. Ese mesmo día clausurarase a exposición de cadros presentados ao certame que, dende mañá mesmo (domingo) ás doce do mediodía, poderá visitarse no horario habitual de apertura deste local social.
O certame, moi vencellado á parroquia de Cervás, regresou este ano á súa orixe, repetindo –en palabras de Eugenio Fernández-, a experiencia do primeiro ano, é dicir, facendo todo o concurso e mosta posterior nesta parroquia aresana. Nomeadamente no seu local social, o CIRS, entidade á que estaba moi vencellado Manuel Rebón, veciño finado hai anos e un dos pilares fundamentais da asociación, así como destacado aficionado á pintura.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares