Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A aprobación definitiva da modificacion das normas subsidiarias da vía libre á construcción da ampliación do CPI Conde de Fenosa
16 Setembro 2011 10:24
O Concello de Ares vén de recibir da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo a Orde de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello, promovida pola administración local e presentada neste departamento da Xunta o pasado 14 de marzo para poder levar a cabo a demandada ampliación do CPI Conde de Fenosa.
Este trámite, como subliñaron desde o goberno local, permite á Consellería de Educación executar (coa opción que dende un principio defendeu a Alcaldía e os servizos técnicos municipais) un Aulario de Infantil definitivo, posto que o que fixo agora é construir unhas aulas provisionais para os nenos e nenas de Infantil –que ocupaban semisotos enreixados-, unha solución provisional aceptada pola comunidade educativa pero supeditada á construcción do novo edificio. Pola súa banda, o Concello iniciará xa mesmo a adquisición dos terreos que grazas a esta modificación puntual pasan a ter a cualificación de dotacionais. A este respecto, hai que indicar que a modificación tiña por obxecto “cualificar como dotacional os terreos contiguos ao colexio existente no solo urbán; e no resto como vial de dez metros de largo, que substitúe a un camiño existente no lateral do colexio”.
Ditos terreos acadan unha superficie de 1.910 metros cadrados, que acollerán, entre outros elementos, unha pista polideportiva exterior. A actual pista, que está no recinto escolar nunha parcela cualificada como solo urbán e xa conta coa superficie necesaria que solicita a Consellería de Educación –é dicir, que se podería construir dun xeito inmediato sobre ela-, será sobre a que se constrúa a ampliación do CPI, moi importante para dotar ao centro non só de novas aulas de Infantil, senón que tamén libere espazos para o aula de informática, salón de actos ou biblioteca, servizos inexistentes pola falla de espazo.
O alcalde destacou o traballo realizado polo Concello, que agora vén de recibir –seis meses despois da súa presentación- o visto bo definitivo da Xunta, e nesta liña asegurou que a administración local seguirá, axilizando agora os trámites que corresponden á administración e esixindo a mesma premura á Consellería de Educación.
O Concello procederá á publicación do texto íntegro desta modificación puntual del normas subsidiarias no BOP, mentres que a Xunta terá que remitir ao DOB un resumo da mesma.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares