Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares ábrese ás redes sociais e establece unha nova e vangardista política de comunicación cos seus veciños en Internet
14 Setembro 2011 13:37
Dende que os socialistas chegaron á Alcaldía de Ares, aló polo mes de xuño de 2007, a comunicación cos veciños e veciñas do municipio, a transparencia informativa e a achega das novas tecnoloxías aos cidadáns foron algunhas das súas máximas. A creación de zonas wifi nas zonas públicas do Concello, a instalación de wimax en Cervás, a reedición da revista “Alfolí”, a posta en funcionamento dunha nova e completa páxina web municipal que daba entrada á participación veciñal ou a posta en marcha das primeiras fases da chamada “administración dixital” foron algunhas das principais iniciativas desenvolvidas neste eido nos catro anos do primeiro mandato.
Pero as novas tecnoloxías avanzan moi rápido e a forte irrupción das redes sociais levaron ao Concello a adaptarse a elas, creando xa hai meses un grupo de Facebook, máis adiante un perfil e dende non hai moito, unha páxina nesta multitudinaria canle. Agora, unha vez pasadas as eleccións municipais e co novo equipo de goberno xa traballando a pleno rendemento, chegou o momento de dar unha volta de torca e fixar a nova política comunicativa en Internet. Así as cousas e cos principais obxectivos de facilitar o acceso e non propiciar confusións por parte dos seus usuarios –cada vez máis, por certo-, o equipo de goberno dedicíu concentrar os contidos na páxina de Facebook, que será á que se terán que dirixir todas as persoas interesadas en seguir neste rede social as noticias, axenda e eventos promovidos pola administración social.
Isto significa que aquelas persoas que aínda non o fixeron deberán pinchar o “me gusta” na páxina “Concello de Ares/Ayuntamiento de Ares” para, deste xeito, poder acceder á mesma. Os servizos informáticos municipais eliminarán o perfil e o grupo nun prazo aproximado dun mes, polo que resulta importante que todos os interesados leven a cabo este pequeno trámite.
Así mesmo, o Concello de Ares tamén está rexistrado en Twitter, outra rede social que cada vez está a ter un maior impacto e seguemento por parte da poboación, moi implicada no uso deste tipo de redes de Internet.
Pero se ben é certo que o número de usuarios a ferramentas como son Facebook ou Twitter é cada vez maior, tamén o é que aínda hai moitas persoas que está á marxe de ditas redes, aínda que si que son usuarias habituais –ou puntuais- de Internet. Pois ben, pensando fundamentalmente neste sector da poboación, o Concello manterá na súa web institucional os apartados adicados ás noticias promovidas pola propia institución municipal e as que publican sobre o concello os principais medios da zona, e realizará un importante cambio na sección chamada ata o de agora “O alcalde resposta”.
A este respecto, esta sección, unha das máis utilizadas por veciños e turistas ao longo dos pasados catro anos, muda de nome polo de “Fala co alcalde”. ¿E por que? Porque, como xa estaba a facer nos últimos meses, será o propio rexedor, o socialista Julio Iglesias, o que atenda telefónicamente ás persoas que se dirixan a el por este medio. Deste xeito, garántese a confidencialidade de moitas das consultas, que anteriormente podían ser vistas por todos os usuarios unha vez que eran respostadas polo alcalde e en moitos casos tiñan unha compoñente persoal, ao tempo que se axiliza unha sección que nalgúns momentos, por falta de tempo de Iglesias ou incluso por alguna actualización da propia páxina, chegou a saturarse.
Por iso, a partires de agora, nos campos a rechear polo usuario serán de obligado cumprimento o nome, o teléfono e un correo electrónico (por se é necesario enviar algún tipo de documento).
O alcalde, que considera que con estas medidas se está a dar un paso cuantitativo e, sobre todo, cualitativo na política de información, comunicación e transparencia cos veciños e veciñas de Ares, matizou que algúns dos temas que se plantexen nesta sección si serán de libre acceso por parte de todos os usuarios da web, se ben éstes sempre serán relativos a cuestións de interese xeral. Deste xeito, todos os cidadáns poderán ter información de primeira man, a do rexedor, sobre temas do concello, o que tamén fará que non se repitan preguntas sobre cuestións idénticas e de interese para máis da persoa que a plantexe.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares