Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello abre o prazo de inscripción nas escolas municipais culturais e deportivas
12 Setembro 2011 15:23
O Concello de Ares abre mañá martes o prazo de inscripción nas escolas municipais culturais e deportivas, que comezarán a funcionar o vindeiro 3 de outubro. Así foi acordado polo equipo de goberno, que deu a coñecer esta mañá aos grupos da oposición o listado de actividades e a normativa que as rexirá nas pertinentes comisións informativas de cada área.
As persoas que desexen apuntarse nalgunha destas actividades, arredor de trinta en total, poderán facelo ata o mesmo día 3 de outubro no pavillón deportivo municipal, de luns a venres, en horario de 09.30 a 13.00 e de 16.30 a 20.30 horas. No que se refire ao pago da matrícula, que ascende a 8 euros no caso de empadroados en Ares ou Mugardos e 16 para os que non o son, así como da primeira mensualidade correspondente a outubro, poderá realizarse entre os días 3 e 28 de outubro. As escolas desenvolveranse entre o vindeiro mes e o de maio de 2012.
Como en anos anteriores, o Concello aplicará descontos e incluso exención de cotas para familias numerosas ou carentes de recursos económicos. A este respecto, hai que subliñar que o desconto será do 50% na matrícula e na actividade de menor importe no caso de que haxa tres ou máis inscripcións e tamén do 50%, pero en todo, no caso de familias numerosas. As actividades e matrícula serán de balde para as familias carentes de recursos económicos, previa entrega da documentación que así o acredite.
Todas as persoas que estean interesadas en tomar parte nalgunha actividade deberán entregar cumprimentado o formulario de inscripción, e no caso de que sexa a primeira vez que se apunta nunha escola municipal, terá que engadir a dito formulario unha fotocopia do DNI ou da páxina correspondente do Libro de Familia. Tamén pódese domiliciar o pago das actividades, para o que haberá que cubrir un formulario.

COLABORACIÓN ENTRE CONCELLOS DE ARES E MUGARDOS
Ademais das actividades para nenos e maiores que promoven as Concellerías de Deportes e Cultura de Ares –ximnasia, ioga, fitness, tenis, baile ou ximnasia rítmica, entre outras, no caso das escolas deportivas, e iniciación musical para rapaces, teatro, inglés nos seus diferentes niveis, gaita, informática, etc., nas culturais-, a administración local organiza coa de Mugardos unha serie de Escolas Intermunicipais, aproveitando a estreita colaboración existente entre os dous concellos, que xa comparten instalacións como é o complexo acuático.
“Mugaresdeportivos: un espazo común” é o nome desta iniciativa, que engloba ás escolas de minibaloncesto, a desenvolver no pavillón aresán, xadrez e danza do ventre. Estas dúas últimas impartiranse en As Lagoas, en Mugardos.

PLAN DE ANIMACIÓN Á LECTURA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL
A actividade que comezará a funcionar este mes de setembro é a de animación á lectura da biblioteca municipal. Dita iniciativa, de balde, vai dirixida fundamentalmente a rapaces de entre 4 e os 8 anos por ser unhas idades esenciais para iniciar e fomentar o hábito da lectura e a curiosidade polos libros. O fío conductor da actiivdade, que se levará a cabo ata decembro, serán os persoaxes dos contos, facendo semanas temáticas cada quince días que serán acompañadas de toda unha serie de obradoiros, manualidades, xogos e concursos.
Os interesados deberán inscribirse previamente na Alianza, edificio no que se ubica a biblioteca municipal.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares