Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde destaca que Don Cirilo "nunca deixou de atender a ninguén por diñeiro"
16 Agosto 2011 11:27
“Nunca deixou de atender a ninguén por diñeiro”. Con esta frase resumía o alcalde de Ares, Julio Iglesias, a importante labor médica de Don Cirilo en Ares e, nomeadamente, en Redes, vila na que residiu arredor de dez anos durante a súa etapa profesional como médico rural. Por iso, polo destacado número de vidas que salvou –sobre todo na epidemia de 1918- e pola súa valía persoal, un grupo de veciños, respaldados por numerosas sinaturas, promoveu unha iniciativa popular dirixida a adicar unha praza desta fermosa vila mariñeira a Don Cirilo, que foi entregada no Concello e que recibiu dende un primeiro momento o respaldo do grupo de Goberno.
Así, esta mesma tarde, o alcalde presidía o acto de homenaxe a este recoñecido e, fundamentalmente, querido médico rural, no que tamén participaron outros membros da corporación, familiares de Don Cirilo –un deles, o seu fillo, Rogelio Pérez Varela- e moitos veciños, algún deles promotores da iniciativa, como Regino Varela Martínez, que asegurou que “hoxe en día existen poucos Don Cirilo, pero en Redes tivemos a sorte de ter un”.
O rexedor destacou o traballo desenvolvido por toda a familia en Ares -“é unha familia que leva moitos anos facéndonos moito ben”, dixo- e, a este respecto, indicou que “é de ben nacido ser agradecido”. “Todo o que coñezo de Don Cirilo é bon”, afirmou Iglesias, que rematou a súa intervención con dous vivas: un por Redes e outro, como non podía doutro xeito, por Don Cirilo.
Pola súa banda, o seu fillo, o psiquiatra Rogelio Pérez Varela, destacou do seu pai a súa adicación total aos veciños e veciñas na súa profesión, na que traballaba “día e noite, sen vacacións”. Para Pérez Varela, o espazo público elixido, e en Redes, é “o mellor lugar para el”.
A música da banda de gaitas Ría de Ares, que interpretou varias pezas no acto –a do remate, o Himno Galego- e os fogos de artificio puxeron a nota final a esta sentida homenaxe.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares