Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 02 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde remite unha carta de denuncia contra Telefónica perante o Ministerio de Industria
05 Octubre 2007 12:04
O Ministerio de Industria é o destinatario da carta que o alcalde de Ares, Julio Iglesias, vén de remitir co obxectivo de denunciar e poñer no seu coñecemento as “infraccións” e “vulneracións” de dereitos de usuarios en materia de telecomunicacións que a empresa Telefónica de España está cometendo sistematicamente neste Concello. Como se recordará, o rexedor foi coñecedor da negativa da compañía a dar de alta a moitos veciños da vila no servizo de telefonía fixa, extremo que afecta tamén a outras prestacións como Internet.
No escrito, Iglesias incide en que Telefónica, como prestadora do servizo universal de telefonía, ten a obriga de “garantir a todos os usuarios finais que así o soliciten unha conexión á rede telefónica que permita a posibilidade de efectuar e recibir chamadas telefónicas, ademais de permitir comunicacións de fax e datos a velocidade suficiente para acceder de forma funcional a Internet, no prazo de 60 días naturais dende a solicitude de alta”.
Segundo asegura o alcalde de Ares, esta obriga esta sendo incumprida por parte da empresa de forma reiterada, tendo constancia o Concello e a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) de numerosas reclamacións de afectados sobre negativas e demoras inxustificadas relativas ás altas de liña.
Julio Iglesias agarda que o Ministerio de Industria, ao que ofrece a súa colaboración para aportar os datos e documentación que precise, interveña neste asunto e dea unha solución para que estes veciños poidan acceder a unha liña de telefonía fixa.
Por outra banda, o rexedor socialista confía en que a empresa de telecomunicacións por cable R comece as obras de conexión en Ares nos vindeiros meses, o que garantirá a prestación destes servizos aos cidadáns.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares