Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 18 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Segue aberto o prazo de inscripción para participar no campus de fútbol do Celta de Vigo e no Chiquibasquet, que terán lugar neste mes de xullo
01 xullo 2011 15:24
O Concello de Ares, a través da área de Deportes que dirixe José Juan Vilar, lembra que aínda está aberto o prazo de inscripción para participar nos campus deportivos de verán. En primeiro lugar, e por segundo ano consecutivo, a Fundación Celta de Vigo levará a cabo un campus no campo municipal de Prados Vellos. Os nenos e nenas de 4 a 16 anos son os destinatarios desta iniciativa que xa na edición anterior cosechou un importante éxito de participación e que nesta segunda desenvolverase entre os días 18 e 23 de xullo, entre as 10.00 e as 13.00 horas.
Como xa se informara anteriormente, as inscripcións deberán formalizarse no teléfono 902 104 404 ou na dirección www.fundacioncelta.com. O prezo é de 160 euros para os participantes de fóra de Ares ou Mugardos e de 120 para os empadroados neste municipio e o veciño, federados do Numancia e do Galicia de Mugardos. No caso de que participen varios irmáns, terán a maiores un desconto do 10% sobre a tarifa aplicable. Os rapaces recibirán o primeiro día de campus –terán que ir ás 09.00 ao campo de fútbol- unha equipación completa do Celta de Vigo, que son reversibles, -a primeira equipación nun lado e a segundo noutro-.
A segunda das iniciativas é o Chiquibasquet, que chega á súa terceira edición. Nesta ocasión, o campus de baloncesto, impartido polo adestrador ferrolán Chiqui Barros e dirixido a nenos e nenas de 6 a 16 anos, celebrarase entre o 26 e o 30 deste mes no pavillón deportivo municipal aresán, en horario de dez da mañá a unha da tarde. Como xa adiantara o propio Chiqui Barros o día da presentación da iniciativa, está prevista a visita aos rapaces os días 29 e 30 do xogador Alberto Rodríguez, pívot do Knet Rioja, equipo que vén de ascender á LEB Oro.
As inscripcións, igual que no caso do Celta, xa poden formalizarse, establecéndose un máximo de 20 prazas. Así as cousas, as persoas que desexen apuntar aos seus fillos/as poderán facelo na Alianza Aresana, de nove a dúas, ou no teléfono 981 448 057, rematando o prazo o día 20 do presente mes de xullo (mércores) ás 14.00 horas.
O custe do campus é de 35 euros, incluindo no prezo un tentempé diario, un diploma e un agasallo conmemorativo, e de 30 euros no caso de inscripción familiar. As persoas que formalicen a súa inscripción deberán facer un ingreso na conta de Nova Caixa Galicia 2080-0595-31-0000001703 ou na de La Caixa 2100-1456-60-0100401553.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares