Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 06 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Peña Rodaballo e o Concello presentan a que será a cuarta edición do Encontro Infantil de Pesca, previsto para o día 24 deste mes
01 xullo 2011 15:13
O cada vez máis destacado éxito de participación levou á Peña O Rodaballo de Ferrol e ao Concello de Ares a celebrar un ano máis, e xa van catro, o Encontro de Pesca Infantil “Concello de Ares”, que se desenvolverá na praia de Ares –na zona comprendida entre a caseta de socorrismo e a rampa do Club de Remo- na tarde do día 24 do presente mes de xullo. E hoxe mesmo, coincidindo coa apertura do prazo de inscripción, que se manterá ata o día 22, os responsables dos dous organizadores –pola Peña o seu presidente, Antonio Luis Gómez Sánchez, e o tesoreiro, José Tomás Villadóniga, e polo Concello os edís de Cultura, Eugenio Fernández, e Deportes, José Juan Vilar- comparecían en rolda de prensa para dar a coñecer o contido desta iniciativa, que unicamente pon nos 18 anos o límite de idade para a participación.
As persoas interesadas en tomar parte nesta actividade, coa que se pretende, como dixo Gómez, “inculcar en los niños el interés por el deporte”, poden apuntarse no rexistro do Concello ou na Alianza Aresana, así como no teléfono da Peña O Rodaballo 648 816 707 ou no seu correo electrónico: rodaballoferrol@gmail.com. En total, haberá arredor de 50 prazas para os nenos e nenas que desexen pasar a tarde do domingo 24 pasando un bo rato coa pesca en Ares. Todas as inscripcións deberán levar a pertinente autorización da nai/pai/titor do participante, documento que xa se inclúe na propia folla de inscripción.
O encontro comezará, xa o día 24, ás catro da tarde, coa concentración dos nenos e nenas (que, evidentemente, poderán estar acompañador ao longo da tarde dos seus pais) no mesón-pizzería Corbalán (no paseo marítimo). Media hora máis tarde procederase ao sorteo dos postos dos participantes, para iniciar a proba ás cinco da tarde. Ata as 20.30 horas, os rapaces poderán pescar, estando prevista a entrega dos trofeos a todos os participantes –hai que lembrar que a proba non ten carácter competitivo- por parte dos organizadores dunha actividade que tamén inclúe a merenda aos nenos e nenas que tomen parte na mesma.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares