Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 15 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Cultura e deporte camiñan da man no completo programa de actividades de verán en Ares
30 xuño 2011 15:33
Completo, equilibrado e para todos os públicos e idades. Estas son as claves do programa de actividades verán no municipio de Ares, presentado polo concelleiros de Cultura, Eugenio Fernández Lago, e Deportes, José Juan Vilar Rico, nunha rolda de prensa celebrada esta mañá na Alcaldía do Consistorio.
Un tríptico recolle case que todas as actividades que se levarán a cabo ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro e que arranca hoxe mesmo cunha actuación de maxia, a do Mago Carabás, na praza da Constitución a partires das 21.00 horas. En total, como indicaron os edís socialistas, son 3.000 os trípticos que se están a repartir entre o tecido asociativo do municipio e que se poden conseguir nas dependencias municipais, como o propio Consistorio ou na Alianza Aresana.
Ao igual que hoxe, a maxia tamén será a protagonista mañá venres, co Mago Teto (mesmo horario e ubicación que a desta xornada), día no que tamén terá lugar a actuación do grupo de boleros “Los Nostálgicos”, ás 21.00 no CIRS de Cervás. A fin de semana contempla, na xornada do sábado, unha sardiñada popular no CIRS de Cervás –dende as 20.00 horas-, un baile de entroido estival no Casino e a XXIII edición da Festa do Langostino no parque Rosalía a partires das 13.00 horas. O domingo 3 haberá a rota de BTT “Entre dúas rías”, iniciativa organizada polos Concellos de Ares e Mugardos coa colaboración da entidade Club do Mar Pulpeiros BTT, e darán comezo os campamentos deportivos da Deputación no colexio Calvo Sotelo de A Coruña.
Ademais, mañá comezarán os campamentos urbáns –de 7 a 12 anos- e os Pequexogos –de 4 a 6 anos- que, como en edicións anteriores, están sendo todo un éxito de participación. Estes campamentos son por quincenas, en xullo e en agosto, polo que as persoas que queiran apuntar aos seus fillos e fillas para outras quendas –se quedan prazas libres- poderán facelo na Alianza Aresana, realizando previamente o ingreso de 30 ou 50 euros –empadroados ou non empadroados- nunha conta de Novacaixa Galicia.
O concelleiro de Cultura destacou, entre toda a oferta integrada na súa área, a III Festa da Xiba, que se celebrará o 23 de xullo en colaboración con Asemares –Asociación de Empresarios de Ares-; a II Festa Mariñeira, o 19, 20 e 21 de agosto, así como outras festas gastronómicas que terán como escenario o parque Rosalía ou a do percebe de Lubre. Ademais, subliñou que, se ben os meses de xullo e agosto son os máis fortes en canto á oferta se refire, o certo é que este ano se preparou un potente fin de festa, coa celebración do V Concurso de Pintura Manuel Rebón-Concello de Ares e a festa de fin de verán, que este ano traerá á vila o 3 de setembro á Trova Camagüeyana.
Pola súa banda, o responsable de Deportes destacou algunas das probas que levan máis de dez anos desenvolvéndose, o que da boa conta, dixo, do éxito que teñen entre os aresáns e persoas procedentes doutros lugares. Así, citou a XIII edición da rota de BTT deste domingo, a XVI Travesía a nado da ría de Ares do día 30 de xullo, o XVIII Concurso de Pesca deportiva do 16 de xullo, o XIII maratón de tenis e pádel no Tenis de Redes do 21 e 22 de xullo ou a XX Milla urbana do 6 de agosto. A estas citas históricas, Vilar engadiu outras iniciativas promovidas nos últimos anos polo goberno socialista, como a IV bandeira de traíñas Concello de Ares, entre outras.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares