Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 15 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde da conta aos portavoces do reparto das Concellarías entre os seis edís socialistas
30 xuño 2011 15:31
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, deu conta esta mañá, no marco dunha Xunta de Portavoces celebrada no Consistorio –a primeira cos novos representantes da corporación saínte das eleccións municipais do 22 de maio-, do reparto de Concellarías entre os seis edís do PSOE que gobernarán ao longo deste mandato. O propio Iglesias manterá, con respecto aos pasados catro anos, a área de Facenda, e asumirá como novas as de Patrimonio, Turismo, Comercio e Industria, deixando a de Deportes a José Juan Vilar Rico, un dos novos concelleiros que tamén dirixirá Servizos Municipais.
María Victoria Montenegro Paz, que xa estivera no anterior mandato, seguirá ao fronte das áreas de Muller, Infancia, Xuventude, Sanidade e Servizos Sociais, e o outro edil que repite lexislatura, José Salvador Ferreiro Montenegro, seguirá con Obras e asumirá Educación e Emprego. En canto ás novas caras, ademais de Vilar, están José Eugenio Fernández Lago, que será o responsable de Cultura, Persoal, Policía Local, Protección Civil, Seguridade e Tráfico, e Olimpia Marcos García, que dirixirá Urbanismo, Plans, Equipamentos, Infraestruturas e Medio Ambiente.
Todos os concelleiros e alcalde, agás José Ferreiro, formarán parte da Xunta de Goberno Local. En canto ás tenencias de Alcaldía, Eugenio Fernández Lago ostentará a primeira, Victoria Montenegro a segunda, Olimpia Marcos a terceira e José Juan Vilar a cuarta.
Aínda que o alcalde deu conta hoxe destes asuntos aos portavoces, as resolucións pertinentes irán ao pleno de fin de mes, dando entón conta das mesmas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares