Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Celta de Vigo e Chiquibasquet confían de novo en Ares para celebrar os seus campus de verán
16 xuño 2011 15:26
O Consistorio acolleu esta mañá a rolda de prensa de presentación dos dous campus deportivos que se desenvolverán este verán, concretamente no vindeiro mes de xullo, e que teñen aberto o prazo de inscripción dende maio. O alcalde, Julio Iglesias, e o novo concelleiro de Deportes, José Juan Vilar, foron os encargados de dar a coñecer as dúas iniciativas de fútbol e básquet nun acto ao que acudiron os seus responsables: por parte do Celta, Wagner Molina –director dos campus de verán do Celta- e Hugo Rama –coordinador desta área xeográfica-, e Chiqui Barros do Chiquibasquet.
En primeiro lugar, e como explicaron na comparecencia antes os medios, por segundo ano consecutivo a Fundación Celta de Vigo levará a cabo un campus no campo municipal de Prados Vellos. Os nenos e nenas de 4 a 16 anos son os destinatarios desta iniciativa que xa na edición anterior cosechou un importante éxito de participación (52 nenos) e que nesta segunda desenvolverase entre os días 18 e 23 de xullo, entre as 10.00 e as 14.00 horas.
As inscripcións, ata o momento hai xa 44 rapaces, deberán formalizarse no teléfono 902 104 404 ou na dirección www.fundacioncelta.com. O prezo é de 160 euros para os participantes de fóra de Ares ou Mugardos e de 120 para os empadroados neste municipio e o veciño, federados do Numancia e do Galicia de Mugardos. No caso de que participen varios irmáns, terán a maiores un desconto do 10% sobre a tarifa aplicable. Os rapaces recibirán o primeiro día de campus –terán que ir ás 09.00 ao campo de fútbol- unha equipación completa do Celta de Vigo, que son reversibles, -a primeira equipación nun lado e a segundo noutro-.
Molina e Rama adiantaron que, como o ano pasado, a maiores ao que é o fútbol propiamente dito, impartiranse xornadas adicadas á nutrición ou higiene. Ademais, este ano, como novidade, a Fundación tentará traer a un adestrador de porteiros para facer unha xornada específíca para este posto.
Tampouco faltará a presenza de xogadores, algúns retirados pero moi vencellados ao clube vigués como Vlado Gudelj ou Milorad Ratkovic, e outros en activo. A este respecto, Wagner Molina manifestou que, segundo a pretemporada, poderán vir xogadores do primeiro equipo ou do segundo –estes últimos cunha maior disponibilidade-.
O Chiquibasquet, pola súa banda, chega á súa terceira edición. Nesta ocasión, o campus de baloncesto, dirixido polo adestrador ferrolán Chiqui Barros e orientado a nenos e nenas de 6 a 16 anos, celebrarase entre o 26 e o 30 de xullo no pavillón deportivo municipal aresán, en horario de dez da mañá a unha da tarde.
As inscripcións tamén poden formalizarse dende maio, establecéndose un máximo de 30 prazas, aínda que, como anunciou o propio responsable do campus, existe a posibilidade de facer outra quenda –nestas ou outras datas- se este número supérase. Así as cousas, as persoas que desexen apuntar aos seus fillos/as poderán facelo na Alianza Aresana, de nove a dúas, ou no teléfono 981 448 057, rematando o prazo o día 20 de xullo (mércores) ás 14.00 horas.
O custe do campus é de 35 euros, incluindo no prezo un tentempé diario –a colaboración dunha empresa permite dar o almorzó aos nenos e nenas que participen-, unha camiseta, un agasallo conmemorativo (nesta iniciativa colabora a Federación Galega, que tamén dará material para sortear) e un diploma, e de 30 euros no caso de inscripción familiar. As persoas que formalicen a súa inscripción deberán facer un ingreso na conta de Nova Caixa Galicia 2080-0595-31-0000001703 ou na de La Caixa 2100-1456-60-0100401553.
Tal e como van as cousas ata o momento, semella que as cifras de participantes nos campus de verán en Ares superarán as do ano pasado.
O Concello de Ares, como puxeron de manifesto os responsables dos dous campus, presta unha importante colaboración coas dúas iniciativas, que se integran dentro do programa deportivo e da política desenvolvida por esta área de goberno municipal.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares