Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O prazo de inscripcións para os campamentos urbáns e os Pequexogos comeza hoxe
13 xuño 2011 12:12
Un ano máis, o Concello de Ares organiza nos meses de verán os campamentos urbáns e os Pequexogos. Precisamente hoxe comeza o prazo de inscripción para participar nas dúas iniciativas –que pode ser mensual ou por quincenas-, que estará aberto ata rematar as prazas ofertas en ambos casos.
Segundo consta nas bases, disporanse cen prazas por quincena, establecéndose tres quendas correspondendo cos meses de xullo -do 1 ao 15 e do 18 ao 29- e primeira quincena de agosto –do 1 o 12-. As persoas interesadas en recibir máis información ao respecto poderán dirixirse á Alianza Aresana, de luns a venres entre as 09.00 e as 14.00 horas, chamar ao número 981448057 ou na web municipal www.concellodeares.com.
Os campamentos urbáns, dirixidos a nenos e nenas de 7 a 12 anos, desenvolveranse entre as 10.30, no pavillón municipal ou na zona de praia habilitada, e as 13.30, de luns a venres. Estableceranse grupos de idade: de 7 a 8 anos, de 9 a 10 e de 11 a 12, que, entre outras, disfrutarán de diversas actividades na natureza (kaiak, remo, vela, sendeirismo, taijitsu ou tiro con arco), en colaboración cunha serie de sociedades do municipio.
Os participantes deberán pagar un importe de 30 euros por quenda, no caso de empadroados en Ares, e de 50 no caso de que non o sexan (a partires do segundo membro da unidade familiar, o prezo baixa a 20 e 40 euros, respectivamente). Os ingresos faranse no número de conta de Novacaixa Galicia 2080-0609-15-0040000342.
En canto aos Pequexogos, que van dirixidos a nenos e nenas de 4 a 6 anos, tamén será por quendas de quince días e haberá 25 prazas por quincena (as datas son as mesmas que no caso dos campamentos urbáns).
O importe deste campamento é de 15 euros por quincena para empadroados e de 30 para os que non o son (baixando a 10 e 20 euros, respectivamente, a partires do segundo membro inscrito da mesma unidade familiar). O ingreso farase na conta de Novacaixa mencionada anteriormente e o lugar de inscripción e información é o mesmo que o dos campamentos urbáns.
Cada xornada comezará coa recepción aos nenos e nenas ás 11.30 horas no anexo ao centro de maiores, e durante hora e media de luns a venres, os pequenos participarán en obradoiros creativos (ceras, plastilina, globoflexia, papel, etc.), xogos e actividades como música, ritmo e baile.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares