Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O goberno local repón a legalidade nun camiño de acceso á praia de Seselle, no municipio de Ares
10 Octubre 2007 11:57
A Demarcación de Costas procedeu esta mañá á retirada do asfaltado de parte dun vial que fora executado hai varios anos polo Concello, entón presidido polo “popular” José Manuel Cendán. Trátase dun camiño de acceso á praia de Seselle –no que se atopa o aparcaoiro público do Concello- que ten unha lonxitude duns 120 metros e que remata nunha vivenda particular. Dito vial, que era un camiño de terra, foi obxecto dunhas obras de mellora, concretamente con aglomerado, que, segundo a denuncia de Costas do 21 de maio de 2003 que derivou nun expedente resolto o 3 de novembro do mesmo ano e notificado ao Concello o día 12 dese mes, invade a zona de dominio público marítimo terrestre.
A pesares do expedente aberto pola Demarcación de Costas e a imposición dunha sanción económica, cuantificada en 1.296 euros, o entón goberno local non acatou a orde deste organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente. Agora, o rexedor, Julio Iglesias, vén de autorizar a Costas para que acometa as obras pertinentes co obxectivo de repoñer a legalidade, neste caso medioambiental. Na tarde de onte, procedeuse ao marcado da zona afectada polo dominio público e hoxe, ás nove da mañá, os operarios comezaron a retirar o asfalto do camiño na parte afectada. A media mañá, os traballos estaban xa moi avanzados.
Esta multa súmase aos 1.502,52 euros que a administración local tivo que pagar á Consellería de Medio Ambiente por un recheo realizado no regato de Xanes sen contar coa pertinente autorización e que tamén pertence ao mandato do PP.
Así, e ata o de agora, o Concello, que arrastra uns importantes problemas económicos pola xestión realizada nos últimos anos, acumula nestes primeiros meses de mandato socialista multas relativas a actuacións do anterior mandato por un importe de case 3.000 euros. Como manifestou o alcalde de Ares, Julio Iglesias, unha das principais máximas do seu mandato é a de acatar as normas en todos os ámbitos e repoñer a legalidade nas actuacións que a a incumpran. Neste apartado inclúese, como non podía ser doutro modo, as do propia Casa Consistorial. Precisamente co obxectivo de abordar a legalización da actual Casa do Concello, o rexedor ten solicitada unha reunión co director xeral de Urbanismo, Ramón Lueje, co que xa tivo varios encontros anteriores para tratar esta cuestión.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares