Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A concelleira de Servizos Sociais en funcións pechou as Xornadas de Violencia de Xénero afirmando que o Concello seguirá loitando contra calquera mostra de desigualdade
03 xuño 2011 20:57
A concelleira de Servizos Sociais en funcións, Victoria Montenegro, fixo público o empeño de actual grupo de goberno en seguir apostando por todas aquelas iniciativas que vaian na liña de combatir a violencia de xénero e toda mostra de desigualdade entre homes e mulleres. Montenegro, que foi a encargada de clausurar as IV Xornadas sobre Violencia de Xénero promovidas polo Concello de Ares e desenvolvidas entre onte e hoxe no mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, asegurou que a pesares da profunda crise económica que estamos a sufrir, “este Concello non vai escatimar esforzos nin deixará de lado a todas as mulleres que sufren calquera tipo de violencia”, levando a cabo para iso iniciativas como estas xornadas, que pretenden ter continuidade o vindeiro ano, así como as accións educativas, preventivas e de intervención que sexan necesarias.
Finalmente, a concelleira socialista en funcións agradeceu aos arredor de 75 asistentes a súa participación nestas xornadas, que se teñen convertido nun referente no municipio e, en términos xerais, a nivel galego, confiando ademais en que foran do seu interese e, nomeadamente, de axuda para profesionais, estudantes –concedían pola asistencia un crédito de libre configuración da UDC- veciños e veciñas en xeral e mulleres afectadas pola violencia de xénero.

PROGRAMA DO DÍA
A xornalista e investigadora en comunicación e xénero Ana Belén Puñal Pama foi a encargada de pronunciar a primeira conferencia que comezou esta mañá ás 10.00 de e afondou sobre o tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación.
A continuación, e despois dunha breve pausa de media hora, desenvolveuse unha mesa redonda, a de “Educar para previr”. Nesta, moderada pola investigadora en formación de Socioloxía da UDV Ana Touriño, tomaron parte representantes da Asociación Chisem, así como Branca Nazaré Guerreiro Muñoz –CPI Dr. López Suárez- e responsables do Observatorio da Mariña pola Igualdade.
Xa pola tarde, o profesor de Psicoloxía Social José María Rolón Varela realizou unha intervención sobre o acoso laboral e a súa relación coa violencia de xénero, para rematar a xornada coa obra de teatro “Horario. Diario dunha muller maltratada”, que puxo en escea a compañía N+1 Teatro.
Estas Xornadas sobre a violencia de xénero estiveron organizadas pola Concellaría de Servizos Sociais, a través do CIM (Centro de Información á Muller), e coa coordinación de Edesga e a colaboración da Deputación.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares