Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 24 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ENTROIDO 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O goberno local acada da Xunta o desbloqueo da ampliación do Conde de Fenosa, que se fará, tal e como defendía o Concello, nos terreos urbáns do centro
03 xuño 2011 10:12
O alcalde en funcións de Ares, Julio Iglesias, anunciaba á saída da reunión mantida esta mañá coa Xefa Territorial de Educación, Teresa Villaverde, e o Delegado Territorial, Diego Calvo, á que acudiu acompañado de responsables da ANPA, que “por fin, a Consellería de Educación recoñeceu que o Concello tiña razón e acatou todas as esixencias plantexadas dende un principio por esta Alcaldía con respecto á ampliación do CPI Conde de Fenosa”. De feito, a comitiva regresaba cun borrador do demandado convenio na man, no que, como puntos fundamentais, se contempla a ampliación das instalación escolares cun Aulario de Infantil con seis unidades e a súa pertinente zona de xogos nos terreos urbáns do centro escolar, que son o actual aparcadoiro e a pista cuberta.
En total, disporase dunha parcela duns 1.900 metros, a mesma superficie que a anexa ao colexio, cualificada como rústica e, polo tanto e a pesares da modificación puntual das normas subsidiarias promovida polo grupo de goberno (xa aprobada e entregada á Xunta para a súa ratificación definitiva), inviable para a construcción dun edificio (precisaríanse 3.000 metros para poder aproveitar o 20% necesario). Si é válida coa modificación puntual, como sostuvo dende un principio a Alcaldía e os informes técnicos aportados polo Concello, para habilitar espazos dotacionais como unha pista deportiva, un aparcadoiro ou zonas de xogo para os nenos e nenas do centro. É dicir, que todos os espazos que resulten afectados coa construcción do Aulario serán restablecidos dacordo coa comunidade escolar nesta parcela anexa ao centro e que a Administración local porá a disposición da Consellería de Educación.
Deste xeito, a Xunta asume as esixencias e as alternativas plantexadas polo grupo de goberno de Ares, que agora estudará o borrador do convenio coa finalidade de negocialo e asinalo, unha vez que éste conte cos preceptivos informes técnicos favorables do Concello.
Para Iglesias, esta solución amosa que a postura mantida por Educación era “descaradamente electoralista”, xa que despois de negarse a ampliar o CPI na zona urbana durante todos estes meses previos á cita electoral e de achacar a demora ao Concello, “non pasados nin dez días dos comicios do 22 de maio acatan todas e cada unha das nosas reivindicacións relativas á ampliación do centro escolar, situación do Aulario e características do mesmo”. Así mesmo, a aceptación destes extremos confirma que “o que defendimos dende un principio era o único viable e asumible para poder executar a necesaria ampliación dun xeito urxente”.
En este sentido, hai que lembrar que o propio Iglesias xa reclamara persoalmente este convenio ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, nunha reunión que forzou o alcalde socialista recentemente en Cabanas. Uns días despois, e tras acadar este compromiso, a deputada socialista Beatriz Sestayo presentou unha serie de iniciativas parlamentarias reclamando a redacción do convenio e esixindo prazos concretos, que agora semellas convertirse nunha realidade.
A ampliación do Conde de Fenosa resolverá os problemas que ten o Aulario de Infantil e outras dependencias, como o ximnasio ou o comedor, ademais de crear espazos ata o de agora inexistentes pola saturación de alumnado e a consecuente necesidade de habilitar aulas, como son un salón de actos, unha biblioteca ou un aula de informática.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares