Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 24 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ENTROIDO 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde en funcións entregará medallas ás nenas de rítmica de Ares polos excelentes resultados acadados no Campionato Galego
02 xuño 2011 14:01
O alcalde en funcións, Julio Iglesias, fará entrega mañá venres dunhas medallas ás nenas de rítmica da Escola Municipal e o Club Esquío local con motivo do excelente papel realizado pola entidade aresana no Campionato Galego de Escolares celebrado a pasada fin de semana en Lugo. Nomeadamente, as Prebenxamíns acadaron o primeiro posto, mentres que as Benxamíns alzáronse co bronce.
Esta homenaxe comezará ás 18.30, hora á que remata o adestramento, tanto da Escola Municipal como do Club Esquío de Ares.
Por outra banda, o pavillón deportivo municipal acollerá este sábado, día 4 de xuño, a que será a IV Exhibición de Ximnasia Rítmica “Concello de Ares”. En total, serán arredor de 250 os deportistas de todas as categorías de base –prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, xunior e xuvenil- que tomarán tarde nesta iniciativa promovida pola área de Deportes do Concello e que proceden do CEIP Cruceiro de Canido, Ponte de Xubia, Escola Municipal de Ares, Escola Municipal de Fene, Club Brío, Club Esquío de Ferrol e Club Esquío de Ares.
A exhibición comezará ás cinco da tarde cunha presentación que correrá a cargo da Escola Municipal de Ares. A continuación, levarase a cabo o resto do programa, que rematará en torno ás oito cun sorteo de material deportivo entre os participantes. Éstes, ademais, recibirán de mans dos responsables municipais uns diplomas acreditativos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares