Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares comeza o día 15 o ciclo "Luns de cine" coa proxección da película "A Atlántida"
11 Octubre 2007 11:54
Co obxectivo de achegar o cine galego á poboación aresana, ponse en marcha o ciclo “Luns de Cine”, un programa que se enmarca dentro de “Cinemas Dixitais” e que promove a Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e a Axencia Galega, co IGAEM e coa colaboración, neste caso, do Concello de Ares. O salón de actos da Alianza Aresana –o programa tamén pretende recuperar e extender os espazos de exhibición pública nos teatros, auditorios e casas da cultura dos pobos galegos- será o escenario destas proxeccións, que se iniciarán o vindeiro luns, día 15, ás oito da tarde. “A Atlántida” é o título elixido para o primeiro pase, que terá continuidade ata o día 3 de decembro.
Aínda que nun principio exhibiranse oito películas, a Concellaría de Cultura, que dirixe a socialista Ana María Fernández Coira, está traballando coa Axencia audiovisual Galega para continuar coa iniciativa, sempre e cando ésta teña unha boa acollida por parte dos aresáns. A entrada a tódalas proxeccións é gratuita.
Este primeiro ciclo inclúe telefilmes feitos en Galicia, ao que seguirán proximamente, segundo informa a Consellería de Cultura, outras produccións agrupadas en diferentes temáticas.
Á proxección de “A Atlántida” seguirá “A biblioteca da iguana” –día 22-; “Condenado a vivir” –día 29-; “Entre bateas” -5 de novembro-; “Jalisco” –día 12-; “Máis ca irmáns” –día 19-; “O tesouro (de Ánxel Fole)” –día 26-; e “O partido” –o 3 de decembro-.
A concelleira de Cultura fai un chamamento aos aresáns para que participen nesta iniciativa, na que se poderán ver de forma totalmente gratuita algunhas das mellores produccións feitas en Galicia.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares