Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 24 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ENTROIDO 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde en funcións e a deputada Beatriz Sestayo abren mañá as xornadas sobre violencia de xénero, que se celebran en Santa Catalina
01 xuño 2011 10:20
O alcalde en funcións de Ares, Julio Iglesias, e a deputada no Parlamento Galego Beatriz Sestayo, serán os encargados de inaugurar mañá xoves, ás 10.00, as que serán cuartas Xornadas sobre a violencia de xénero, que organiza a Concellaría de Servizos Sociais, a través do CIM (Centro de Información á Muller), e coa coordinación de Edesga e a colaboración da Deputación. As xornadas, que nesta ocasión levan o título “Intervir é previr”, desenvolveranse no mosteiro de Santa Catalina ata este venres 3.
En total, participarán arredor de cen persoas que, ademais, disporán, durante os dous días de conferencias e mesas redondas, dun espazo de atención á infancia para os fillos de 3 e 12 anos.
Unha vez desenvolvido acto de inauguración, o programa, que abordará diferentes cuestións vencelladas coa violencia de xénero e contará con algúns dos mellores profesionais a nivel galego e incluso nacional, contempla a celebración da primeira mesa redonda, prevista para as 10.30, que levará o título “Asociacións contra a violencia de xénero e axuda ás mulleres maltratadas”. Nesta intervirán representantes da Asociación Enriqueta Otero de Lugo, de Almat de Ferrol e da casa de acollida para mulleres “Betania de JN”. Beatriz Sestayo encargarase da moderación desta primeira actividade.
Despois dun descanso, Silvia Pérez Freire, profesora de Socioloxía da UDV, pronunciará unha conferencia sobre a explotación sexual; charla que precederá á pausa para o xantar.
A xornada de tarde iniciarase ás 16.00 horas, cunha conferencia na que a licenciada en Mediciña e catedrática de procesos sanitarios Lola Ferreiro Díaz falará sobre a repercusión da violencia de xénero na saúde. O día rematará coa mesa redonda que moderará Natalia Domínguez Galán, educadora, pedagoga e experta en igualdade, e que se titulará “Expresións artísticas, unha ollada diferente”. Intervirán neste debate Anna Amorós Pons, profesora titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade da UDV, e Patricia Lorenzo, actriz do grupo Chévere Compañía de Teatro.
Tamén ás 10.00 comezará a segunda e derradeira xornada sobre violencia de xénero do Concello de Ares. A xornalista e investigadora en comunicación e xénero Ana Belén Puñal Pama será a encargada de pronunciar a primeira conferencia, na que se afondará sobre o tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación.
A continuación, e despois dunha breve pausa de media hora, desenvolverase unha mesa redonda, a de “Educar para previr”. Nesta, moderada pola investigadora en formación de Socioloxía da UDV Ana Touriño, tomarán parte representantes da Asociación Chisem, así como Branca Nazaré Guerreiro Muñoz –CPI Dr. López Suárez- e responsables do Observatorio da Mariña pola Igualdade.
Xa pola tarde, o profesor de Psicoloxía Social José María Rolón Varela realizará unha intervención sobre o acoso laboral e a súa relación coa violencia de xénero, para rematar a xornada coa obra de teatro “Horario. Diario dunha muller maltratada”, que porá en escea a compañía N+1 Teatro.
A concelleira en funcións de Servizos Sociais, Victoria Montenegro, será a encargada de presidir o acto de clausura e a entrega de diplomas aos participantes nesta iniciativa, que en edicións anteriores obtivo un máis que destacado éxito, e que este vai no mesmo camiño.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares