Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 29 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A declaración das Alfombras do Corpus como Festa de Interese Turístico de Galicia queda ratificada definitivamente
19 Maio 2011 11:07
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe xoves a resolución pola que “se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de abril de 2011 polo que se declara festa de Galicia de interese turístico na provincia da Coruña as Alfombras florais de Corpus Chirsti, que se celebran no concello de Ares”. Deste xeito, a declaración solicitada hai meses a instancias do grupo de goberno local queda aprobada pola Xunta con carácter definitivo, o que supón unha excelente noticia para a Asociación de Alfombras e, en xeral para todo o municipio de Ares.
Hai que recordar que a Comisión de Valoración de Festas de Galicia comunicaba ao Concello a finais de abril que, reunida o pasado 7 de abril, acordaba por unanimidade estimar favorablemente a solicitude presentada pola administración local para obter da celebración das Alfombras do Corpus deste municipio a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia así como elevar dita proposta ao Consello da Xunta, que ratificou esta decisión o 28 de abril.
Como destacaba a comisión avaliadora do expedente remitido hai meses polo Concello de Ares, esta festa –que en 2011 terá lugar na noite do sábado 25 ao domingo 26 de xuño, así como toda esa xornada dominical- ten un “recoñecido valor cultural, etnográfico” e, ademais, “posúe unha singularidade propia”. Polo tanto, as Alfombras Florais do Corpus Christi pasan a ser consideradas de Interese Turístico Rexional, o primeiro dos grandes obxectivos marcados polo equipo que dirixe Julio Iglesias, que dende un principio deseñou un compromiso e colaboración activa coa Asociación de Alfombras Florais de Ares, encamiñada a difundir e potenciar ao máximo esta celebración, de grande calado, tradición e participación no municipio.
Neste sentido, Iglesias manifestou a súa satisfacción por esta noticia, xa definitiva, e como fixera cando se coñeceu a decisión da comisión avaliadora, vén recoñecer, en palabras do rexedor socialista, o esforzo de centos de persoas que cada ano, dende semanas antes da celebración da festa do Corpus, traballan na colleita e minuciosa preparación das alfombras que engalanan as principais rúas e prazas da vila durante esta festa e polas que pasa a procesión do Corpus.
Pasados todos os trámites administrativos, a festa das Alfombras Florais de Corpus Christi de Ares pasa a integrar os circuitos turísticos da Xunta –Turgalicia, presencia nas diferentes ferias turísticas nas que participe dito organismo e aqueles outros institucionais de Turismo, etc.- e, ademais, xa pode acceder a subvencións específicas para este tipo de celebracións, cuxo interese pasa con creces as fronteiras do municipio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares