Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 29 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello entrega xeranios aos veciños e veciñas xeranios para os balcóns e xardíns do municipio
17 Maio 2011 20:40
Os invernadoiros que o equipo de goberno de Ares incluiu dentro da segunda edición do Obradoiro de Emprego Insert@res, que está en marcha dende finais do pasado mes de decembro, xa están comezando a dar os seus froitos, e iso que éstes tan só levan funcionando uns dous meses. O primeiro deles, o adicado a pranta de tempada, conta con diferentes flores, setos e prantas tapizantes, e é o que se atopa máis avanzado, con 700 xeranios xa listos para ser colocados en balcóns ou xardíns.
E, precisamente, como un dos obxectivos destes invernadoiros era o de axudar, coas prantas e flores, á recuperación dos balcóns aresáns –hai que lembrar, a este respecto, a primeira iniciativa do Concello de Ares encamiñada a acadar esta finalidade, que foi a celebración, o pasado ano, do I Concurso de Balcóns-, o equipo de goberno decidiu comezar xa a regalar as prantas que xa están listas, como é o caso agora dos xeranios. Segundo explicou a docente da Xardinaría de Insert@res, Luisa María Granja, son 700 unidades pertencentes a seis especies diferentes, que foron prantadas e coidadas polos alumnos desta especialidade –ata un total de 16 poden chegar a traballar nos invernadoiros, aínda que con carácter permanente sempre hai dúas persoas do obradoiro atendendo ás prantas e semente-, que se entregarán ás persoas interesadas para a súa colocación en balcóns –estas especies son ás máis idóneas para estes espazos- ou nos xardíns particulares.
Polo tanto, os veciños e veciñas que desexen algún exemplar deberán chamar entre luns e venres, ata agotar existencias, ao número de teléfono 608 332 213, entre as 11.00 e as 12.00, facilitando o nome, a dirección e un teléfono, ao que o persoal municipal se dirixirá para facer a entrega das prantas. Pero iso non se quedará nestes xeranios, senón que o mesmo pasará coas prantas de tempada do invernadoiro: outros xeranios –das mesmas o doutras especies-, petunias ou alisos, entre outras, que na actualidade están en fase de crecemento.
ZONAS VERDES MUNICIPAIS
Outra das finalidades dos invernadoiros é a de contar con prantas tapizantes, setos, etc. para adornar os xardíns municipais. Neste eido, a docente Luisa María Granja indicou que tamén se está traballando no coidado de diversas especies, polo que é máis que posible que nos vindeiros meses os espazos verdes municipais podan ser abastecidos con prantas e flores do propio Concello, o que reducirá notablemente os custes deste departamento.
ALFOMBRAS DO CORPUS
Non hai que esquecer que as Alfombras do Corpus, declaradas Festa de Interese Turístico de Galicia, son outras das destinatarias destes invernadoiros. Se ben se trata dunha axuda, xa que a cantidade que a asociación necesita é elevadísima e non chegarían nin a totalidade destes invernadoiros para facer fronte á demanda real, o certo é que esta colaboración tamén reducirá os custes aos que fan fronte cada ano estas persoas que elaboran as alfombras, ademais de que se lles facilitará o traballo de busca e recollida.
A este respecto, hai que subliñar que un invernadoiro está adicado en exclusiva á prantación de 3.000 claveis –a flor máis empregada nas alfombras- pertencentes a tres especies diferentes. Como informou Granja, estes claveis poderán ser empregados na edición das Alfombras do vindeiro ano, posto que esta especie tarda aproximadamente nove meses en engordar para producir, é dicir, que ata a vindeira primavera non se poderán utilizar –a época de prantación é abril/maio-. Así mesmo, estase producindo verde para a mesma finalidade, a do Corpus, con prantas de tipo da hortensia, que tamén terán que seguir todo o ciclo produtivo e, polo tanto, tamén serán utilizadas na vindeira edición das Alfombras.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares